Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello escolar municipal

Sede do Consello Escolar

Os Consellos Escolares municipais son órganos colexiados a través dos que os sectores interesados no ensino non universitario participarán na programación do mesmo no ámbito municipal, tal e cono defíneos a Lei 3/1986, sobre Consellos escolares de Galicia.

No desenvolvemento da Lei, o Decreto 44/1988 desenvolve e regula, xunto ao Consello Escolar de Galicia e os Consellos territoriais, a composición e procedemento de elección do Consello Escolar municipal, determinando no seu art. 31.1 que nos concellos de máis de 25.000 habitantes, o Consello Escolar municipal terá a seguintes composición:

"1.1. O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será ou presidente.

1.2. Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos da seguinte forma:

1.2.1. Seis do ensino público.

1.2.2. Catro do ensino privado.

1.3. Seis pais de alumnos propostos por lla federación de asociacións de pais de alumnos (que no caso da Coruña, segundo o seu Regulamento Interno, distribúense: catro para a Federación de Anpas de centros públicos e dous para a de centros privados concertados).

1.4. Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.

1.5. Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro."

COMPETENCIAS

E no artigo 27.1, do devandito Decreto determínase que

"Os Consellos Escolares municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as seguintes cuestións:

  1. Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra Administración pública que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal
  2. Actuacións e normas municipais que afecten os servizos educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamineto dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservacións
  3. Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares, coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, se é o caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino
  4. Situación de centros docentes dentro da demarcación municipal
  5. Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento adecuado dos centros docentes
  6. Fomento das actividades tendentes a mellorar a calidade educativa, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio
  7. Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación outorgue aos municipios
  8. Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do Concello lle sexa consultado
  9. Na programación de investimentos en materia educativa

BREVE HISTORIA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DA CORUÑA

O Consello Escolar Municipal da Coruña é, probablemente, o máis antigo de Galicia. Creouse a consecuncia da aprobación do Decreto do 4 de decembro de 1980, que regulaba os órganos colexiados de goberno dos centros públicos e determinaba a posibilidade de crear Consellos Escolares municipais.

  • A primeiro CE da Coruña foi creado o 27 de novembro de 1981 e tivo unha duración ata 1983.
  • 10 de outubro de 1983, o Pleno municipal crea o Consello de forma que pervive ata a actualidade.
  • A súa primeira reunión foi o 6 de febreiro de 1984.
  • O 16 de setembro de 1985 houbo un novo acordo do Pleno para adaptalo á LODE, que entrase en vigor en xullo dese ano.
  • Na reunión do Consello de data 25 de xaneiro de 2024 aprobáronse as Normas internas de funcionamento do Consello Escolar Municipal do Concello da Coruña (CEMAC) e foron aprobadas por Decreto de Alcaldía de data 15 de febreiro de 2024 (anotada no Libro de Resolucións da Alcaldía co núm.DEC/AYT/713/2024).

Consulta:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión