Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Programas educativos

  • "Divertirse con seso" (educación igualitaria para peques)

    Con este taller contribuirase a que o alumnado poida reflexionar e experimentar situacións nas que os seus gustos, habilidades, destrezas e intereses persoais poidan desenvolverse a pesar das diferentes opcións socialmente impostas.

  • A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

    Trátase dun taller de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

    Realizarase na Coruña, na Casa das Ciencias ou no IES Ramón Meneéndez Pidal (por confirmar).

  • A mellor estratexia de xogo

    Taller que ten como obxectivo promover no alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria previr o uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A que tren sobes? Prevención de consumo de tabaco e alcol

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos e nas menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso de internet

    Este taller teñen como obxectivo promover a toma de conciencia por parte das persoas participantes dos riscos asociados ao uso de Internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo do consumo de drogas

    O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar, que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Apoio Escolar Primaria

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2019/2020

  • Apoio Escolar Secundaria

    Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2019/2020

  • As/os menores e o consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Bolsas USA 2020-2021

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en EE.UU. -Equivalente a 1.º de Bacharelato-.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro)

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sustentable e converter as persoas viandantes no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

  • Campacoles

    A Federación Provincial de ANPAS en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

  • Catro dons para a igualdade (educación para a igualdade na preadolescencia)

    Este taller trata de promover valores e actitudes igualitarias e non discriminatorias que axuden a sentar as bases dunha convivencia en igualdade partindo do coñecemento dun/dunha mesmo/a.

  • Ciclo de cinema infantil e xuvenil (S8) Mostra de cinema periférico 2019

    A filosofía do ciclo é achegar ao público máis  novo, un cinema de difícil acceso, que non se atopa nos programas habituais. Películas en versión orixinal, que forman parte dun circuíto europeo, difundido por canles televisivas, festivais de cinema, institucións públicas e privadas.

  • Compras seguras

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Concertos en familia

    Os concertos en familia son unha actividade orientada ao público familiar co obxectivo de achegar os/as máis pequenos/as da familia a escoitar música en directo, socializando ao máximo o acceso á música. A programación está deseñada para que o público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto, cada un deles único e irrepetible.

  • Concurso sensores para todos

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

  • Concurso X Festival CinEOI Coruña Curtas 2020

    Acción de dinamización lingüística que consiste en impulsar e organizar a participación do alumnado de EP e ESO no festival anual de curtas en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o Concello da Coruña, coa finalidade de promover a creatividade audiovisual en galego.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Contos para emocionar (educación afectivo-sexual para peques)

    A educación afectiva, emocional e sexual na infancia non adoita estar contemplada no currículo educativo a pesar de que é fundamental na formación das persoas ao influír positivamente na calidade de vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar e na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista.

    Este programa educativo comprende unha serie de contos "dramatizados" e de actividades coas que se traballa a construción da sexualidade e os vínculos afectivos desde respéctoo, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

    Fai falta resaltar que ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar preténdese potenciar a sensibilización dos axentes educativos e a normalización dentro das aulas da educación afectiva, emocional e sexual.

    Tamén se contempla unha sesión informativa para nais e pais onde se presentará o programa.

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cóxegas

    O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

  • Deporte no centro

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

  • Dereitos e deberes das persoas consumidoras

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

Resultados: 118

Programas educativos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?