Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convócase o "Reto Emprendedor: Só na casa, ideas para previr a soidade das persoas maiores" dirixido ao alumnado de entre 16 e 24 anos

Cando:

20 de xaneiro de 2020

O venres 28 de febreiro realizarase o acto de proclamación do Premio FPdGi Social 2020 no Centro Ágora

A Fundación Princesa de Girona visitará A Coruña coa Xira de proclamacións dos Premios FPdGi 2020 o venres 28 de febreiro. Para a categoría de Premio Social propoñen o reto «Só na casa: ideas para previr a soidade das persoas maiores», dirixido á mocidade de entre 16 e 24 anos. Durante 180 minutos, as persoas participantes traballarán en equipo para atopar ideas que resolvan o reto usando un método que fomentará a súa creatividade e o seu espírito emprendedor. A inscrición xa está aberta para os centros educativos: máis info en https://premios.fpdgi.org/

A partir das 12.30 horas realizarase a parte final do reto, e o alumnado inscrito terá a oportunidade de asistir en directo ao acto de proclamación do Premio FPdGi Social 2020 no Centro Ágora, coa participación do xornalista e humorista Juan Carlos Ortega, do emprendedor Xavier Verdaguer e de premiadas/os da FPdGi.

A iniciativa #PremisFPdGi

O reto da Xira de proclamacións dos Premios FPdGi é unha iniciativa que quere poñer en valor o talento das e dos novos estudantes para construír o futuro no que van vivir. O proxecto desenvólvese a través dunha competición de innovación disruptiva onde se xeran miles de solucións a retos empresariais. Un movemento masivo para achegar as mozas e os mozos á realidade da innovación nas empresas e empoderalas/os para que sexan capaces de definir e facer realidade o futuro co que soñan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión