Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de Participación

A quen vai dirixido?:

Entidades, colectivos informais e cidadanía en xeral interesada no ámbito da formación

Cando:

Dende o 18/02/2019 ata o 21/10/2019

Xa rematou

Inscricións:

diferentes prazos para cada obradoiro

Formulario de inscrición

Horario:

diferentes horarios para cada obradoiro

Enderezo:

Espazo de Iniciativas Xuvenís. Rúa Matadero 68, Bj. 15002 A Coruña

Prezo:

Gratuito

Requisitos:

Non hai límite de idade. Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1

Tel.: 981 184 200 Ext 10165

participación@coruna.es

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil

Edif. Fórum Metropolitano | R/ Río Monelos, 1

15006 - A Coruña | Tel.: 981 184 294 

cmix@coruna.es

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1

Tel.: 981 184 200 Ext 10165

participación@coruna.es

Documentos:

programa da Escola de Participación 2019 (73 KB)

Espazo de formación e aprendizaxe para entidades, colectivos informais e para a cidadanía.

A Concellería de Participación e Innovación Democrática abre o prazo de inscrición da segunda edición da Escola municipal de Participación, unha iniciativa formativa de carácter gratuíto posta en marcha polo goberno local en outubro de 2018 co obxectivo de ofrecer á cidadanía en xeral, e as entidades sen ánimo de lucro e colectivos informais en particular, coñecementos e ferramentas vinculadas á posta en marcha e desenvolvemento de proxectos.

Con este obxectivo, o executivo municipal ampliará neste exercicio o programa, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e outubro, para ofrecer 20 cursos, 8 máis que na pasada edición. En total, o programa contará con 115 horas de formación distribuídas entre os distintos talleres --4 para a cidadanía e 16 específicos para entidades--, que terán 400 prazas gratuítas para a veciñanza. "A oferta formativa especializada dirixida ao tecido asociativo é unha prioridade para un goberno comprometido co fomento e apoio á participación, e queremos facelo extensivo á cidadanía, porque se trata dun recurso valioso e gratuíto que pode contribuír á promoción e desenvolvemento da cultura participativa", expón Delso. 

No eido da formación xeral para a veciñanza, a oferta para este 2019 duplícase e contará con catro talleres, dos cales tres son novos respecto á pasada edición. O primeiro será Curso de iniciación á mediación veciñal e comunitaria, que achegará técnicas e ferramentas de resolución de conflitos a través da mediación. A iniciativa desenvolverase os días 8, 10 e 22 de abril, en horario de 17.00 a 21.00 horas, e o prazo de inscrición abrirase o 21 de marzo.  O segundo curso abordará a Transparencia e goberno aberto, que supón formación sobre os mecanismos que garanten a transparencia nas actuacións da administración e lexislación aplicable.  A proposta desenvolverase a tarde do luns 6 de maio, en horario de 17.00 a 21.00 horas, e a inscrición para o mesmo abrirase o 17 de abril. A terceira novidade será o Curso de manexo básico de lingua de signos, de cara a adquirir recursos teóricos e ferramentas prácticas que poidan favorecer a a inclusión de persoas con discapacidade auditiva, a través dunha metodoloxía práctica e cooperativa. O obradoiro terá lugar os días 27 e 29 de maio, e 5 e 10 de xuño, en horario de 17.00 a 20.00 horas, e o período de inscrición comezará o 9 de maio. Finalmente, o cuarto obradoiro dirixido á cidadanía en xeral será Innovación social: outros modelos e metodoloxías de xestión, que recolle as propostas do pasado ano coa idea de dar a coñecer o concepto de innovación social, potenciar a intelixencia creativa colectiva e achegar metodoloxías innovadoras en participación cidadá.  

Formación para entidades sen ánimo de lucro

Na liña do campo da formación para entidades sen ánimo de lucro ou colectivos informais ofertaranse 16 cursos. As novidades desta edición están vinculadas á xestión laboral, o voluntariado, a administración electrónica, recursos municipais de uso cidadán ou programas e aplicacións para a xestión de asociacións.

A primeira das actividades formativas será o Curso básico de contabilidade para entidades (18 e 20 de febreiro), á que seguirá o Curso básico de subvencións (25 de febreiro). Ambas iniciativas desenvolveranse en horario de tarde e o prazo de inscrición abrirase hoxe mesmo, 6 de febreiro. O seguinte obradoiro será o de Elaboración e xestión de proxectos, que terá lugar o luns 11 de marzo --a admisión de solicitudes comezará o 21 de febreiro-. O mércores 13 de marzo será a quenda dunha das novidades, como é Xestión de recursos humanos: xestión laboral en entidades, no que se ofrecerán coñecementos esenciais para o desenvolvemento da estratexia de organización: figuras laborais, contratación, externalización de servizos, xestión de recursos e responsabilidade social.

No mes de marzo desenvolveranse tamén outros dous cursos vinculados á igualdade, como é O reto da igualdade nas entidades sen fin de lucro (mércores 20), no que se abordará a lexislación neste ámbito, e O reto da igualdade nos centros educativos (luns 25), orientado a dotar de ferramentas, coñecementos e recursos nesta materia ás persoas relacionadas coa comunidade escolar en xeral. De seguido, terán lugar outros dous cursos vinculados ao voluntariado. O primeiro deles é o Curso básico sobre xestión de voluntariado en entidades sen fin de lucro (26 e 27 de marzo), no que se darán a coñecer ferramentas para levar a cabo unha boa xestión e coordinación do voluntariado que se incorpora e desenvolve actividades nunha organización. Á semana seguinte, o día 1 de abril. impartirase o obradoiro Como facer voluntariado nunha entidade: itinerario para futuras/as voluntarios/as, de cara á dotar ás participantes dunha visión global sobre o voluntariado e o seu ámbito de actuación.

Outros dous cursos desta liña de programación están vinculados á relación coas institucións públicas e as posibilidades que ofrecen os equipamentos municipais. Así, o 3 de abril impartirase o Curso sobre administración electrónica, unha iniciativa práctica sobre a relación das entidades coa administración a través da sede dixital. De seguido, o 24 de abril, terá lugar o seminario Espazos e recursos municipais de uso cidadán e aplicación de ordenanzas municipais, un taller informativo sobre a oferta de recursos, espazos e equipamentos municipais, sistemas, condicións e posibilidades de uso, así como nocións básicas sobre o cumprimento de ordenanzas.

No mes de maio abordarase a organización interna e difusión externa da actividade da entidade. Así, o 8 de maio, o Obradoiro de recursos en programas e app gratuítas para a xestión de asociacións capacitará as entidades para facer uso de distintas plataformas, mentres que o 22 de maio ofertarase Marketing e comunicación dixital, unha formación deseñada para facilitar ás asociacións aplicar ferramentas de comunicación e márketing social.   

Xa despois do verán, contra o mes de outubro, terán lugar os últimos obradoiros desta edición da Escola de Participación. O primeiro deles será o de Protección de datos de carácter persoal (9 de outubro), no que se abordará a lexislación vinculada á este eido e no que se establecerán os procedementos necesarios para un correcto tratamento dos mesmos. Na semana seguinte, o luns 14, traballarase nos aspectos fundamentais á hora de Crear unha asociación, no que se terán en conta as figuras xurídicas, os procedementos e obrigas legais. O mércores 16 abordaranse as obrigas fiscais e consultas tributarias no Curso básico de fiscalidade e, finalmente, o 21 de outubro terá lugar o Curso básico de financiamento público nas entidades, para proporcionar ás participantes unha visión das posibles fontes de financiamento das asociacións.

Todos os cursos, tanto para á cidadanía como para entidades ou colectivos, contarán cun total de 20 prazas e impartiranse en horario de tarde no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) da rúa Matadoiro. As inscricións deberanse realizar a través do web do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) , e para obter máis información sobre a Escola e os seus prazos de inscrición, pódese visitar www.coruna.gal/participacion.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión