Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Novo prazo de inscrición para os obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego

Cando:

1 de outubro de 2018

Ábrese un novo prazo de  inscrición dos centros e do alumnado ate o 10 de outubro para os obradoiros do 1º e 2º trimestres.

O "Obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego" é unha actividade en horario extraescolar dirixida a escolares de 5º e 6º de E. Primaria e de carácter gratuíto, para aprender a redactar un guión e gravar unha curtametraxe empregando como lingua vehicular o galego e co obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega asi como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais. 

En dúas sesións semanais dunha hora de duración, os períodos de realización son:

  • Primeiro trimestre (catro centros): do 10 de outubro de 2018 ao 14 de xaneiro de 2019
  • Segundo trimestre (catro centros): do 21 de xaneiro ao 12 de abril de 2019.

E os horarios:

  • luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h (xa cuberto no 1º trimestre)
  • luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h
  • martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h
  • martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h (xa cuberto no 2º trimestre).

Requisitos

Só poderán participar 4 grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario. A adxudicación dos grupos farase por orde de chegada das solicitudes, sempre que se cumpra o requisito do mínimo do número de alumnos/as.

Os grupos formaranse cun mínimo de 7 escolares e un máximo de 15. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de que non queden prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

Acceda aquí á ficha específica: https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_centros/curtas/main.php

Máis información

Servizo Municipal de Educación.

Ana Judel. T: 981 184 200 ext. 12038

O monitor do obradoiro (Omar Rabuñal) presentaralles o contido do taller aos centros interesados, durante o mes de setembro, logo da previa solicitude ao Servizo Municipal de Educación.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?