Concello da Coruña

Concello da Coruña

O prazo de inscrición para sumarse ao Proxecto Marcha Mundial pola Paz finaliza o 21 de xaneiro

Cando:

17 de xaneiro de 2020

O mércores 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, no Centro Cívico Cidade Vella haberá unha reunión para ampliar a información sobre estas accións

Os centros educativos que queiran formar parte das accións planificadas para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia deben anotarse a través desta Ligazón de inscrición. O prazo para rexistrarse finaliza o martes 21 de xaneiro.

O mércores 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, no Centro Cívico Cidade Vella haberá unha reunión para ampliar a información, entrega de materiais, coordinación e dúbidas que poidan xurdir. Os autobuses metropolitanos levarán a información durante polo menos unha semana por toda a cidade, e o día 30 iluminarase a Torrre de Hércules para unificar e dar máis sentido a esta celebración.

30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, que comezou en Madrid o 2 de outubro de 2019 e que está a percorrer o mundo ata o 8 de marzo de 2020.

Esta acción, prevista para o próximo 30 de xaneiro, está baseada en dous piares fundamentais: a lectura do Compromiso Ético da Marcha Mundial e a realización práctica de Símbolos pola Paz e a Non Violencia, xa realizados previamente por outras/os menores.

Documentos relacionados

  • Anexo: Día Escolar da Non Violencia e a Paz (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión