Concello da Coruña

Concello da Coruña

O SME súmase á celebración do Día Internacional da Cidade Educadora

Cando:

13 de novembro de 2018

Documentos:

Origami Cidades Educadoras (1 MB)

O acto terá lugar o luns 19 de novembro tras o pleno infantil, que empeza ás 12:00 horas no salón de Plenos do Concello

O Concello da Coruña ofrécelles aos centros escolares a oportunidade de participar no "Día Internacional da Cidade Educadora!, proxecto no que se implican cidades de todo o mundo. "Tecendo unha rede de complicidades" é o lema desta terceira edición.

Na primeira edición do Día Internacional reivindicouse o rol educativo dos gobernos locais e na segunda púxose o acento no traballo dos axentes educativos presentes na cidade na materialización do Dereito á Cidade Educadora.

Na presente edición búscase poñer o acento na importancia de tecer redes e sumar novos aliados na construción deste proxecto compartido que necesita do compromiso do máximo número de persoas, institucións, asociacións, ONG, goberno local etc.

Acto de celebración

O acto terá lugar o luns 19 de novembro tras o pleno infantil, que empeza ás 12:00 horas no salón de Plenos do Concello.

Entregaráselles aos nenos e ás nenas que acudan o origami "Eu comprométome", que recolle oito accións ao alcance dos máis pequenos e pequenas para fomentar unha boa convivencia e o coidado das cidades.

Desde o Servizo Municipal de Educación proponse traballar esta actividade de compromiso nas escolas, centros cívicos e comunitarios, tamén en actividades e talleres ao aire libre en familia. Pódese descargar o origami para calquera persoa interesada.

Carta das Cidades Educadoras

Aquí pódese ler a Carta das Cidades Educadoras deste ano, así como os 20 principios que veñen recollidos nela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión