Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Requisitos e criterios

Requisitos de acceso

Requisitos e criterios de adxudicación de prazas.

Segundo o Regulamento de organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP do 15 de abril de 2015). Art. 24.3

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2018
  • Poderase flexibilizar este requisito para aqueles/as menores con NEAE (necesidades específicas de apoio educativo) susceptibles de integración. Para iso, presentarase ante a Comisión de Escolarización un informe do Equipo de Orientación Específico ou outra entidade pública especializada, en que se certifique oficialmente a discapacidade, xunto cun informe da dirección da escola en que se valore se os recursos estruturais, materiais e humanos de que dispón son os adecuados para a educación e atención do/a menor.

Criterios para a adxudicación de prazas

1. Criterios de prioridade

En primeiro lugar, terán preferencia para obter praza nas EIM os/as menores que acrediten vivir empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores e titores con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.

En segundo lugar, e se existisen vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita praza.

En terceiro lugar, e de existiren vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as noutros concellos, sempre que algún dos seus proxenitores ou titores traballe nunha entidade pública ou privada situada no termo municipal do Concello.

En cuarto lugar, e se existisen prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros concellos.

2. Criterios de baremación

1.- Renda anual da unidade familiar

Tramos para puntuar a renda anual da unidade familiar:

  • Inferior ao 100% do IPREM: 4,00 puntos
  • Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM: 3,75 puntos
  • Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM: 3,50 puntos
  • Entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM: 3,25 puntos
  • Entre o 175% e inferior ao 200% do IPREM: 3,00 puntos
  • Entre o 200% e inferior ao 225% do IPREM: 2,75 puntos
  • Entre o 225% e inferior ao 250% do IPREM: 2,50 puntos
  • Entre o 250% e inferior ao 275% do IPREM: 2,00 puntos
  • Entre o 275% e inferior ao 300% do IPREM: 1,50 puntos
  • Entre o 300% e inferior ao 325% do IPREM: 1,00 puntos
  • Entre o 325% e inferior ao 350% do IPREM: 0,50 puntos
  • Superior ao 350% do IPREM: 0,00 puntos

IPREM = Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, contía para o ano 2017: 7.519,59 €/ano

Datos tributarios: referidos aos cadros 415 e 435 da declaración da renda do ano 2017

2.- Situación sociofamiliar

  • Recoñecemento da situación de discapacidade do/a menor solicitante (mínimo 33%): 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: 3 puntos
  • Irmáns/ás solicitando praza simultaneamente: 3 puntos
  • Primeiro irmán/á con praza renovada na REIM: 3 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar con recoñecemento por discapacidade que non sexa o/a menor para o/a que se solicita a praza (mínimo 33%): 2 puntos
  • Por cada un dos irmáns/ás seguintes con praza renovada na REIM: 1 punto

3.- Situación laboral

  • Ocupación do/a proxenitor/a 1 (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Ocupación do/a proxenitor/a 2 (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Situación laboral de desemprego do/a proxenitor/a 1: 2 puntos
  • Situación laboral de desemprego do/a proxenitor/a 2: 2 puntos

3. Criterios de desempate

  1. Maior puntuación por irmáns/ás nas escolas da REIM (con praza renovada)
  2. Presentación da solicitude de praza para máis dun/unha irmán/á no mesmo curso escolar
  3. Recoñecemento de situación de discapacidade do/a menor solicitante
  4. Situación laboral de ocupación de ambos os proxenitores ou titores así como do pai ou nai no caso de familia monoparental
  5. Puntuación por outros membros a cargo da unidade familiar
  6. Recoñecemento da situación de discapacidade doutro membro da unidade familiar
  7. Maior puntuación por renda
  8. Sorteo de letra realizado pola consellería competente na materia. (Primeiro apelido "E" e "C". Segundo apelido: "U" e "P").
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?