Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Publicacións

Ademais do contido máis técnico que che ofrecen os documentos técnicos seleccionados, que servirán de base para preparar e elaborar determinadas estratexias e proxectos, convén dedicar un tempo a outro tipo de lecturas que ofrecen unha visión máis ampla dun modelo urbano ou de cidade diferente ao que estamos afeitos.

Esta lecturas son reflexións, ensaios, orientacións, recomendacións... que pretenden permitirnos valorar sobre como é a cidade na que vivimos, e expornos como debería ser a cidade que en realidade queremos.

23 resultados

  • Avaliación do Programa Operativo de Crecemento Sustentable (POCS). Xuño 2017

    Esta Avaliación do POCS 2017, aínda que volve examinar o deseño inicial da estratexia do programa, céntrase fundamentalmente en aspectos operativos co fin de poder avaliar a eficacia, a eficiencia e os primeiros resultados das intervencións, así como outra serie de aspectos. A avaliación realízase aínda que a execución do programa é case nula debido á súa tardía aprobación, o dilatado proceso de designación de autoridades e organismos intermedios, e de posta en marcha dos sistemas de xestión e control.

  • Cidades do Mañá: retos, visións e camiños para seguir

    Cidades do Mañá representa un intento de reflexión colectiva por parte dunha serie de expertos urbanos para comprender mellor os retos aos que se enfrontan as distintas cidades europeas nos vindieros anos. O informe alerta sobre os futuros impactos do declive demográfico e a vulnerabilidade social de moitas cidades. Isto implica a necesidade de abordar os desafíos sociais, económicos e ambientais das cidades europeas tanto a nivel de barrio como a outros ámbitos máis amplos.

  • Declaración da ONU para impulso da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable

    Na Resolución aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 25 de setembro de 2015, en relación ao impulso á Axenda Urbana Hábitat III, fíxose a seguinte Declaración: "Os xefes de Estado e de Goberno e altos representantes, reunidos na Sede das Nacións Unidas en Nova York do 25 ao 27 de setembro de 2015, coincidindo co 27 aniversario da organización, acordamos o día de hoxe os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de alcance mundial..."

  • Documento de reflexión sobre a dimensión social de Europa

    De cara ao futuro, o debate debe versar sobre como adaptar os nosos modelos sociais aos retos actuais e futuros e galvanizar o espírito social de Europa. Este documento de reflexión constitúe a contribución da CE a este debate. Proxecta as tendencias, os retos e, o que é máis importante, as vías posibles para converter as nosas aspiracións en realidade, empoderar os europeos para o mundo no 2025 e facer as nosas sociedades máis fortes e adaptables. Os argumentos económicos, sociais e políticos en favor dunha Europa social son sólidos. O que se necesita é crear un consenso sobre os seus contornos futuros.

  • Documento de reflexión sobre a orientación da globalización

    Moita da cidadanía europe, especialmente a máis nova, ve ata que punto estar conectados/as a persoas doutros países e continentes pode mellorar as súas vidas. Non obstante moita da cidadanía europe móstrase tamén receosa, xa que consideran que a globalización é sinónimo de perda de emprego, inxustiza social, saúde e privacidade. É preciso ter en conta eses receos, polo que agora é o momento de estudar que pode facer a UE para axustar a globalización aos intereses e valores que compartimos, de preguntarnos que podemos facer para protexer, defender e capacitar a cidadanía europea, especialmente as persoas máis vulnerables.

  • Fomentar un desenvolvemento urbano sustentable en Europa. Logros e oportunidades

    As cidades xogan un papel clave no desenvolvemento das rexións europeas, así como para aumentar a competitividade global da Unión Europea, xa que concentran a maior parte dos postos de traballo, as empresas e os centros de educación superior, e a súa acción é determinante para lograr a cohesión social. Tamén para acadar os obxectivos de Lisboa, xa que son o motor do crecemento rexional, a innovación e a creación de emprego.

  • I Catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular

    Subdirección Xeral de Economía Circular (SGEC). Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). 2020. A economía circular (EC) é a confluencia de tres conceptos: economía, medio ambiente e sociedade. A transición a unha EC en España require dunha actividade coordinada e responsable entre as administracións, os sectores económicos e o conxunto da sociedade que estean comprometidos co medio ambiente, o desenvolvemento e crecemento sustentable, a reciclaxe e outros alicerces sobre os que se sustentan os principios da EC. En resposta a este requirimento preséntase este catálogo, que pretende recompilar as distintas actuacións identificadas como BPEC para que outros interesados poidan beneficiarse destas experiencias, sumándose así á transición necesaria e imprescindible.

  • Innovación e economía circular na xestión de residuos municipais

    As ideas que se propoñen sobre innovación e economía circular na xestión de residuos implican a todos os axentes que participan no desenvolvemento das cidades, co fin último de avanzar cara a un novo modelo de cidade, logrando un futuro máis sustentable. No que se refire aos municipios obsérvanse uns problemas de carácter xeral que implican non só os xestores e políticos, senón a propia cidadanía, e que os principios da economía circular deberían ser capaces de resolver.

  • Libro Branco sobre o futuro de Europa

    O presente Libro Branco analiza os factores impulsores do cambio no próximo decenio e presenta unha serie de escenarios de como podería evolucionar Europa de aquí ao 2025. Deste xeito, ábrese un debate que debería axudar a centrar a reflexión e a atopar novas respostas a unha vella pregunta: Que futuro queremos para nós, para os nosos fillos e para a nosa Unión?

  • Reflexións sobre innovación tecnolóxica e social para a transformación das cidades

    O obxecto deste documento é presentar unhas reflexións co principal obxectivo de achegar ideas para conseguir aumentar o benestar da cidadanía. As Cidades Intelixentes ou Smart Cities constitúen un modelo de xestión na que a cidadanía dixital debe tomar o papel protagonista, posibilitando que, empregando as tecnoloxías que ten ao seu alcance, interactúe de forma activa coa cidade e xestione a súa propia contorna.

resultados 23

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión