Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

De ámbito estatal

25 resultados

  • Acordo Asociación España 2014-2020

    Os acordos de asociación son negociacións entre a Comisión Europea e as autoridades nacionais nos que se aplican plans estratéxicos con prioridades de investimento que abarcan os Fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP), e que constitúen a base da estratexia de desenvolvemento de España a medio e longo prazo. Considéranse un incentivo clave para impulsar o cambio cara a un modelo de crecemento máis intelixente, sustentable e integrador, así como para a creación de emprego, reducindo así as diferenzas rexionais en España.

  • Acordo Asociación España 2021-2027

    O 18 de novembro de 2022 a Comisión Europea aproba o Acordo de Asociación de España 2021-2027, un documento de carácter estratéxico que recolle as grandes liñas de actuación e prioridades de investimento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e do Fondo de Transición Xusta (FTJ). Este investimento organízase ao redor de cinco grandes áreas políticas, nas que cobran especial relevancia o apoio á investigación, a dixitalización, o apoio ás pemes, a eficiencia enerxética, a transición verde e o investimento de carácter social.

  • Acuerdo da Asociación España 2014-2020. Informe de evolución

    Agosto 2017. Desde a aprobación do Acuerdo de Asociación de España o 30 de outubro de 2014 emitíronse recomendacións específicas do Consello a España en 2015 e 2016. Neste informe da evolución do acordo preténdense identificar os cambios relevantes que se produciron na contorna socioeconómica desde 2014. Algunhas destas recomendacións refírense a ámbitos non relacionados cos Fondos EIE, pero outras si presentan unha relación clara coas prioridades identificadas nos ditos FEIE, que son as que se analizan.

  • Axenda Dixital de España (2013)

    É o marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e de administración electrónica, establecer a estratexia de España para acadar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa, maximizar o impacto das políticas públicas en TIC para mellorar a produtividade e a competitividade, e transformar e modernizar a economía e sociedade española mediante un uso eficaz e intensivo das TIC pola cidadanía, empresas e administracións.

  • Axenda Urbana Española

    Presentada no Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, a Axenda Urbana Española é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, acorde cos retos expostos e coa visión estratéxica das dúas Axendas Urbanas internacionais subscritas en 2016 (a Axenda Urbana para a UE. Pacto de Amsterdam e a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas-Hábitat III). Constitúe un verdadeiro "menú á carta" para que todos os actores que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción. Concíbese como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que está imbuído de enfoques pragmáticos con vocación de utilidade e, por suposto, de consenso. O contido da AUE pódese consultar por capítulos. + INFORMACIÓN

  • Directrices para a redacción do “Manual de Procedementos” polas Entidades DUSI (OIL) Novembro 2019

    As seguintes directrices pretenden orientar as entidades DUSI no proceso de elaboración do "Manual de procedementos", que son as responsables de seleccionar as operacións concretas que se integran dentro das distintas liñas de actuación das súas estratexias, actuando como organismos intermedios, que coloquialmente foron denominados Organismos Intermedios "Lixeiros" (OIL). O contido delas está intimamente vinculado cos sistemas de xestión e control que estableceron os respectivos Organismos Intermedios de Xestión, así como cos que posúe a Autoridade de Xestión FEDER en España.

  • Estratexia española de ciencia e tecnoloxía e de innovación (2013-2020)

    Esta estratexia constitúe unha ferramenta para potenciar o conxunto das capacidades do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, facilitando a colaboración entre todos os seus axentes e incrementando os retornos sociais e económicos derivados do investimento en I+D+i.

  • Estratexia española de sustentabilidade urbana e local (EESUL) (2011)

    A Estratexia Española de Sustentabilidade Urbana e Local (EESUL) é un documento que pretende ser un marco estratéxico que recolla principios, obxectivos, directrices e medidas cuxa aplicación efectiva permita avanzar na dirección dunha maior sustentabilidade local.

  • Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller (2013 - 2016)

    A "Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller" é un instrumento vertebrador da actuación dos poderes públicos para acabar coa violencia que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

  • Guía sobre o peche de operacións EDUSI 2014-2020

    Os organismos intermedios do Eixe 12 do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 recibiron numerosas preguntas referentes á finalización das Estratexias de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado (EDUSI), que poñen de manifesto a necesidade de definir en máis detalle un proceso de peche, no que se teñan en conta tanto as inquietudes manifestadas polas entidades locais, como a necesidade de marcar unhas pautas que permitan un peche ordenado. Por este motivo elaborouse a presente guía tendo en conta tanto as bases reguladoras das convocatorias para a selección das EDUSI, como o Regulamento (UE) n.º 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, de disposicións comúns, as directrices de peche da Comisión Europea e as Instrucións da Autoridade de Xestión do 25 de abril de 2023, para o peche do Eixe 12 do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

resultados 25

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión