Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.
Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.
O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.
71 resultados
A cidade constituíu un foco de dinamismo e na súa expansión incorporou de forma crecente os municipios contiguos que, en moitos períodos, foron máis dinámicos que a propia cidade central. Esta é Coruña Futura. Unha "cidade" de case 400.000 habitantes. Unha estrutura territorial na que os principais núcleos do ámbito metropolitano (universidades, hospitais, aeroportos, portos, estacións de tren, os grandes equipamentos culturais e cívicos, as grandes áreas industriais etc.) deben concibirse como elementos de cohesión e de articulación do conxunto do espazo e como elementos de referencia para todo Coruña Futura independentemente do municipio no que se localicen. A Estratexia global Coruña Futura, editada en xuño de 2014, organízase en:
Na Coruña existen importantes clústers produtivos que constitúen o soporte económico da cidade. Apoiar o desenvolvemento de proxectos estratéxicos vinculados a estes sectores que poden ser a base dun proxecto de cidade. Os 4 Clústers Económicos Emerxentes nos que se organiza a estratexia global Coruña Futura de xuño de 2014 son:
Os Proxectos Estratéxicos de Coruña Futura xorden da análise da realidade urbana da cidade e da súa contorna metropolitana. Dotan de contido a cooperación entre os concellos da área metropolitana e permiten aproveitar o potencial das ferramentas de Coruña Smart City. Estes 9 proxectos (xuño 2014) son:
Este documento constitúe a folla de ruta que hai que seguir para potenciar o uso das novas tecnoloxías dixitais, entendido como un factor imprescindible para acadar os retos que se marca A Coruña para o futuro. Temporalidade de planificación: 2012-2020.
UNESCO. Budapest, 1 de xullo de 1999. A maior parte dos beneficios derivados da ciencia están desigualmente distribuídos por mor das asimetrías estruturais existentes entre os países, as rexións e os grupos sociais, así como entre os sexos. Conforme o saber científico se transformou nun factor decisivo da produción de riquezas, a súa distribución volveuse máis desigual. Por iso nesta declaración as persoas participantes comprometéronse a (entre outros) promover o diálogo entre a comunidade científica e a sociedade, a eliminar todas as formas de discriminación relacionadas coa educación científica e os beneficios da ciencia, e a fomentar a utilización do saber científico en prol do benestar dos pobos e da paz e o desenvolvemento sustentables, tendo en conta os principios sociais e éticos mencionados.
ONU Habitat. 7 outubro 2015. A Declaración de Montreal sobre as áreas metropolitanas enumera os principais desafíos e as transformacións necesarias para desenvolver metrópoles máis inclusivas e solidarias, así como os medios para a súa posta en marcha. A Declaración integra numerosas mensaxes crave, entre os que destacan: - colocar o dereito á cidade para todos no centro das políticas metropolitanas; - outorgar á gobernanza metropolitana dun marco legal e institucional claro, baseado en principios de democracia, respecto da autonomía local e subsidiariedad; - promover un financiamiento adaptado aos desafíos metropolitanos, e o recoñecemento da igualdade de xénero e da cultura como alicerces esenciais das políticas metropolitanas.
2ª Asemblea Mundial de Gobernos Locais e Rexionais na 3ª Conferencia da ONU sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentable - Hábitat III. 16 de outubro de 2016. Quito (Ecuador), na que se realizrou a aprobación da "Declaración de Quito sobre cidades sustentables e asentamentos urbanos para todos" polos estados membros da ONU, co fin de establecer os estándares globais de consecución do desenvolvemento urbano sustentable.
A firma da Declaración de Riga no 2015 supón o acordo sobre os principios e elementos esenciais da futura Axenda Urbana da UE, consolidando o entendemento común dos gobernos nacionais, a Comisión Europea e doutras institucións europeas sobre o tema. Esta declaración tamén recoñece a importancia das áreas urbanas pequenas e medianas, e o potencial existente que ofrecen en termos de desenvolvemento territorial e para a consecución dos obxectivos europeos.
Este documento aprobado o 22 de xuño de 2010 propón prioridades estratéxicas de intervención no desenvolvemento urbano desde o punto de vista ambiental, social, económico e da gobernanza cun enfoque integrado. Esta Declaración de Toledo compleméntase cun documento de referencia sobre a Rexeneración Urbana Integrada e o seu potencial estratéxico para un desenvolvemento urbano máis intelixente, sustentable e socialmente inclusivo en Europa, e ten tres partes fundamentais: A) Como afrontar os retos urbanos actuais e aplicar a Estratexia Europa 2020, B) Desenvolver o Marco Europeo de Referencia da Cidade Europea e C) Consolidar no futuro unha Axenda Urbana Europea.
As Directrices de Ordenación do Territorio teñen como finalidade precisar a definición dun modelo territorial para Galicia, establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades. As súas propostas definen unha senda para seguir e perfilan un escenario de futuro, que baixo unha perspectiva de sustentabilidade, aspira a conseguir a cohesión social e territorial de Galicia, eliminando disparidades territoriais. Isto contribúe a conseguir unha maior eficiencia do sistema produtivo, así como a protección e posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico e a eficiencia ambiental en todos os procesos.
resultados 71
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
20 de febreiro de 2024
La Opinión
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible