Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

71 resultados

  • Directrices Internacionais sobre Planificación Urbana e Territorial (NNUU, 2015)

    Estas directrices están deseñadas para cubrir un baleiro crítico, achegando un marco de referencia para planificación que pode ser utilizado a distintas escalas e adaptado a contextos nacionais, rexionais e locais diversos. Presentan 12 principios que poderían guiar aos actores (gobernos nacionais, autoridades locais, sociedade civil e profesionais do sector da planificación urbana) que toman decisións á hora de desenvolver ou revisar documentos normativos, plans e deseños cunha perspectiva integrada, e así construír cidades e territorios máis compactos, socialmente incluíntes, mellor integrados e conectados que promovan o desenvolvemento urbano sustentable e poidan adaptarse ao cambio climático.

  • Directrices para a redacción do “Manual de Procedementos” polas Entidades DUSI (OIL) Novembro 2019

    As seguintes directrices pretenden orientar as entidades DUSI no proceso de elaboración do "Manual de procedementos", que son as responsables de seleccionar as operacións concretas que se integran dentro das distintas liñas de actuación das súas estratexias, actuando como organismos intermedios, que coloquialmente foron denominados Organismos Intermedios "Lixeiros" (OIL). O contido delas está intimamente vinculado cos sistemas de xestión e control que estableceron os respectivos Organismos Intermedios de Xestión, así como cos que posúe a Autoridade de Xestión FEDER en España.

  • EidusCoruña. Unha cidade contigo: Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado da Coruña

    As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI) constitúen un mecanismo estratéxico de transformación urbana a desenvolver por parte dos municipios durante o período 2014-2020 de financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta análise presenta o estado de avance da EDUSI da Coruña desde a súa aprobación en 2017 ata xuño de 2021 como exemplo de municipio que está a implementar unha experiencia urbana innovadora no seu territorio apoiada nunha lonxeva traxectoria baseada no aproveitamento do financiamento europeo desde finais da década de 1980 ata a actualidade. Autores: "Álvarez-Do-Val, L., Camerin, F., Rodríguez-Suárez, I., & Fernández-Ramírez, C. (2022). "EidusCoruña. Unha cidade contigo": Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado da Coruña. Cidade E Territorio Estudos Territoriais, 54(214), 1007-1016. https://doi.org/10.37230/CyTET.2022.214.11

  • Estratexia de lnfraestructura Verde da Coruña

    A lnfraestructura Verde configúraa unha rede potencial de espazos multifuncionais e de gran calidade ambiental, conectados entre si e transitables desde todos os barrios. Esta estratexia servirá como referencia para converter a localidade nun espazo comprometido coa loita contra o cambio climático, con maior resiliencia e máis natura­lizado, contribuíndo ao mellor funcionamento do ecosiste­ma urbano e avanzando cara a unha Coruña máis biofíli­ca e máis sustentable, pero, sobre todo, máis habitable e máis saudable. O obxectivo: converter A Coruña nunha cidade pioneira na loita fronte ao cambio climático.

  • Estratexia Enerxética 2012-2016. Horizonte 2020. Concello da Coruña

    Desde a UE viñéronse realizando actuacións dirixidas ao ámbito local, concretándose os esforzos na posta en marcha en xaneiro de 2008 dunha das iniciativas máis ambiciosas na loita contra o quecemento global, o Pacto de Alcaldes. O documento realizado polo Concello da Coruña divídese en dúas partes: na primeira realízase unha análise sobre a situación actual, mentres que na segunda defínense obxectivos e metas para acadar en 2020 para reducir o consumo enerxético municipal e, en consecuencia, as emisións de CO2 entre un 20% e un 30%.

  • Estratexia española de ciencia e tecnoloxía e de innovación (2013-2020)

    Esta estratexia constitúe unha ferramenta para potenciar o conxunto das capacidades do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, facilitando a colaboración entre todos os seus axentes e incrementando os retornos sociais e económicos derivados do investimento en I+D+i.

  • Estratexia española de sustentabilidade urbana e local (EESUL) (2011)

    A Estratexia Española de Sustentabilidade Urbana e Local (EESUL) é un documento que pretende ser un marco estratéxico que recolla principios, obxectivos, directrices e medidas cuxa aplicación efectiva permita avanzar na dirección dunha maior sustentabilidade local.

  • Estratexia Europa 2020

    Europa enfróntase a un momento de transformación. A crise botou por terra anos de progreso económico e social e expuxo as debilidades estruturais da economía europea. Europa necesita volver atopar o rumbo e mantelo. Ese é o propósito de Europa 2020. Trátase de crear máis emprego e lograr unha vida mellor, demostrando que Europa é capaz de acadar un crecemento inclusivo, sustentable e intelixente, e de atopar o modo de crear novos postos de traballo e de lles ofrecer unha orientación ás nosas sociedades.

  • Estratexia local contra o cambio climático - Pacto dos alcaldes

    Documento co que o Concello da Coruña propón toda unha serie de actuacións dirixidas a unha redución efectiva dos gases de efecto invernadoiro producidos no municipio pola actividade urbana, e mitigar os efectos do cambio climático garantindo así o benestar dos cidadáns. Desa maneira contribúe a cumprir cos obxectivos fixados no Pacto dos Alcaldes. Temporalidade de Planificación: 2014-2020.

  • Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller (2013 - 2016)

    A "Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller" é un instrumento vertebrador da actuación dos poderes públicos para acabar coa violencia que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

resultados 71

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión