Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Documentos técnicos

libros e rato

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

Resultados: 54

  • Plan de enerxías renovables (2011-2020) - IDAE

    O Plan de Enerxías Renovables (PER) 2011-2020 aprobouse o de 11 de novembro de 2011, establecendo obxectivos acordes coa Directiva europea 2009/28/CE, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e atendendo a outros mandatos que regulan a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e a economía sustentable.

  • Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda PITVI (2012-2024)

    O Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda (PITVI) 2012-2024 supera o tradicional enfoque da planificación cun novo rumbo. Céntrase en dar resposta ás necesidades efectivas de mobilidade e de acceso á vivenda da sociedade española. O PITVI proporciona a visión estratéxica no horizonte 2024, en sintonía coa liña europea trazada na Rede Transeuropea de Transporte. Desta maneira ambos os instrumentos, de alcance e horizontes temporais distintos, son coherentes e refórzanse mutuamente.

  • Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-2015 (Plan MOVE)

    Nas áreas metropolitanas pretende afrontar a conxestión con medidas orientadas ao aumento de capacidade das redes viarias e á diversificación de tráficos, ademais de actuacións de apoio que favorezan unha complementariedade entre o vehículo privado e o transporte público. Este plan pretende responder a unha concepción global da rede viaria galega, así como integrar a visión metropolitana. Así mesmo establece unha clasificación funcional da rede, á marxe da titularidade, de maneira que se poida entender como un sistema único. Foi impulsado inicialmente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia en 2009, e contempla un segundo horizonte temporal ata o ano 2020.

  • Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) 2012

    Un PMUS é unha ferramenta de planificación e concienciación para a cidadanía, administracións e axentes implicados na mobilidade, que desenvolve de forma gradual un conxunto de actuacións, con obxectivos a curto, medio e longo prazo, que potencian formas de desprazamento máis sustentables (camiñar, bicicleta, bus urbano,...). É necesario desenvolver un verdadeiro Plan de Mobilidade Urbana para cambiar o actual modelo baseado no consumo de combustible, o ruído e a contaminación provocada polo vehículo privado, cara a outro máis sustentable.

  • Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL)

    O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.

  • Plan de Promoción Industrial da Coruña e da súa área de influencia

    A capacidade de crecemento económico non pode nin debe depender exclusivamente do sector servizos nunha perspectiva a longo prazo. Este sector terciario constitúe unha importante fonte de emprego e renda pero o seu crecemento está condicionado polo impulso dos sectores produtivos, polo que un sector industrial potente resulta unha peza clave para o desenvolvemento dunha economía moderna e para a xeración de emprego na Coruña e a súa área de influencia.

  • Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PGRUG) - Actualización 2016

    O PGRUG aprobado o 13 de xaneiro de 2011 elaborouse cun carácter dinámico e flexible co fin de poder axustalo aos cambios normativos e aos avances acadados en materia de xestión de residuos ao longo do seu período de vixencia, garantindo así a optimización dos recursos, tanto económicos como tecnolóxicos. Polo tanto, procédese á súa actualización para adaptalo ao PEMAR, dando así cumprimento ás obrigas comunitarias en materia de planificación, que consiste na adaptación da estrutura, obxectivos, período de vixencia e frecuencia de avaliación e revisión.

  • Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia PXRUG 2010-2020. Medidas de seguimento dos efectos ambientais

    Este plan establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia cara a un novo escenario máis sustentable e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención e na posta en valor dos residuos.

  • Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia (PDMAG)

    Trátase dun plan que pretende definir unha rede de vías ciclistas de ámbito interurbano e metropolitano (Rede Básica de Vías Ciclistas de Galicia) e que, ao mesmo tempo, estimula mediante outras medidas o uso da bicicleta e a marcha a pé, xa sexa en solitario ou en combinación con transporte público colectivo, pero de maneira cómoda e segura, como medios de locomoción alternativos ao automóbil. Impulsado inicialmente no 2013 pola Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

    + INFORMACIÓN

  • Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixería (PEPRI)

    A revisión e adaptación deste plan especial pretende profundar nunha protección integrada no ámbito obxecto de planificación, mediante a revisión e adaptación do PXOM da Coruña, e na súa tripla consideración como plan de protección, plan urbanístico e plan de rehabilitación. A súa aprobación final tivo lugar o 26 de xaneiro de 2015. Área urbana considerada: Cidade Vella-As Atochas-Peixería.

Resultados: 54

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?