Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

71 resultados

  • Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PGRUG) - Actualización 2016

    O PGRUG aprobado o 13 de xaneiro de 2011 elaborouse cun carácter dinámico e flexible co fin de poder axustalo aos cambios normativos e aos avances acadados en materia de xestión de residuos ao longo do seu período de vixencia, garantindo así a optimización dos recursos, tanto económicos como tecnolóxicos. Polo tanto, procédese á súa actualización para adaptalo ao PEMAR, dando así cumprimento ás obrigas comunitarias en materia de planificación, que consiste na adaptación da estrutura, obxectivos, período de vixencia e frecuencia de avaliación e revisión.

  • Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia PXRUG 2010-2020. Medidas de seguimento dos efectos ambientais

    Este plan establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia cara a un novo escenario máis sustentable e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención e na posta en valor dos residuos.

  • Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia (PDMAG)

    Trátase dun plan que pretende definir unha rede de vías ciclistas de ámbito interurbano e metropolitano (Rede Básica de Vías Ciclistas de Galicia) e que, ao mesmo tempo, estimula mediante outras medidas o uso da bicicleta e a marcha a pé, xa sexa en solitario ou en combinación con transporte público colectivo, pero de maneira cómoda e segura, como medios de locomoción alternativos ao automóbil. Impulsado inicialmente no 2013 pola Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

    + INFORMACIÓN

  • Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixería (PEPRI)

    A revisión e adaptación deste plan especial pretende profundar nunha protección integrada no ámbito obxecto de planificación, mediante a revisión e adaptación do PXOM da Coruña, e na súa tripla consideración como plan de protección, plan urbanístico e plan de rehabilitación. A súa aprobación final tivo lugar o 26 de xaneiro de 2015. Área urbana considerada: Cidade Vella-As Atochas-Peixería.

  • Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación (2013-2016)

    Este plan estatal permite afrontar de forma simultánea e continua o deseño das actuacións destinadas ao fomento e á coordinación do proceso de I+D+i, desde a xeración das ideas ata a súa incorporación ao mercado en forma de novos produtos e/ou procesos, mellorando a calidade de vida, o benestar da cidadanía e contribuíndo ao desenvolvemento económico.

  • Plan Estratexia Loxística España

    O obxectivo deste documento é consolidar a posición de España a escala europea e mundial en materia de loxística, aproveitando a súa posición xeográfica e o desenvolvemento do seu sistema de transporte, para desempeñar un papel clave nos tráficos que conectan os grandes produtores mundiais cos mercados consumidores, e para xerar valor engadido na manipulación dos produtos en función dos mercados aos que se dirixen. Só así, poderemos mellorar en competitividade, cun sistema de transporte e unha loxística eficiente de ámbito global.

  • Plan estratéxico de Turismo da cidade da Coruña 2017-2020

    Este Plan estratéxico (PET) aprobouse o 20 de xuño de 2017. O desenvolvemento sustentable do turismo urbano é un feito que preocupa a todos os entes relacionados co sector turístico. Entre todos estes entes atopamos un dos que máis peso teñen no sector, a Organización Mundial do Turismo (OMT), que se asociou no ano 2014 con diversos organismos internacionais de investigación para mellorar a planificación das cidades do mundo no ámbito do turismo: "O turismo urbano converteuse nun elemento estratéxico da planificación e a xestión urbanas; grazas a este acordo (...) poderemos solicitar datos sistemáticos sobre o turismo urbano en todo o mundo" (Taleb Rifai, secretario xeral da OMT). Este proxecto conta con actividades de investigación esencial, ideas e ferramentas para poder comparar así o desempeño urbano da nosa cidade. + INFORMACIÓN

  • Plan Estratéxico UDC 2020. Universidade da Coruña

    Unha vez finalizado o Plan Estratéxico UDC 2005-2010, facíase necesario volver reflexionar sobre as prioridades estratéxicas da UDC para os próximos anos. Froito desa reflexión é o Plan Estratéxico 2013-2020, que retrata o estado actual da UDC e o tipo de universidade que desexa ser nos próximos anos, e que traza o camiño para seguir e os medios para utilizar.

  • Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación

    Concello da Coruña. Xaneiro 2021. Este Plan local de continxencia ten por obxectivo dotar o concello dunha estratexia e operativa que permita coordinar a prevención, o control e a loita eficaz dun suceso de contaminación costeira accidental, co fin de preservar a saúde das persoas, o medio natural e a seguridade dos bens e servizos dentro do seu ámbito de aplicación de acordo cos recursos locais dos que se dispoña, constituíndo un dispositivo plenamente integrado no Plan Camgal e no Sistema Nacional de Resposta.

  • Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social do Reino de España (2013-2016)

    Este plan responde á decisión e vontade do Goberno de avanzar na defensa do estado do benestar, asegurando a súa sustentabilidade e viabilidade a través da modernización do sistema de protección social, dando resposta ás necesidades derivadas da pobreza e a exclusión social que se acentuaron coa crise económica, todo iso no marco dos obxectivos que a UE marcou na súa Estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

resultados 71

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión