Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

71 resultados

  • Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense (PSAD)

    Este Plan de 2012 xorde polo gran peso dos desprazamentos de entrada ás cidades no ámbito metropolitano, por ser o vehículo privado o máis utilizado. Destes hábitos derívanse problemas cun grande impacto sobre o medio ambiente e a economía, así como unha diminución da calidade de vida da cidadanía: conxestión, dificultades de circulación, tempo perdido en busca de aparcadoiro etc.

    Os citados aparcadoiros requiren a existencia dunha rede de transporte colectivo próxima ao lugar onde se deben implantar os aparcadoiros disuasorios. Este plan xurdiu para abordar esta problemática nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense. + INFORMACIÓN

  • Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG)

    Desenvolvido en 2014 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia), o PSOAEG establece as condicións xerais para o futuro desenvolvemento das actuacións de preparación de solo para actividades empresariais, definindo os criterios de deseño, características funcionais e localización, que garanta a accesibilidade e a súa inserción no territorio.

    + INFORMACIÓN

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal - PXOM - 2013

    É un instrumento potente para a xestión da cidade e a configuración das súas "formas urbanas", aínda que non é o único elemento que intervén xa que moitas das accións que transforman e forman as nosas cidades infórmanse e tómanse fóra do plan. En calquera caso a coherencia entre as accións urbanizadoras e de mellora urbana conseguen mellores resultados cando se producen dunha maneira integrada entre elas: aí o plan ten un rol insubstituíble.

  • Planificación Estratéxica do porto da Coruña

    Tras o comezo dos traballos de construción das novas instalacións portuarias en Punta Langosteira, o Plan Estratéxico do Porto da Coruña 2009-2013 definiu a visión do porto como "... un gran porto industrial e loxístico do noroeste da península Ibérica", cuxas liñas estratéxicas eran mellorar o servizo para a súa clientela, desenvolver o porto industrial e loxístico, e fomentar un crecemento sustentable. + INFORMACIÓN

  • Plans específicos da Axenda Dixital para España (2014)

    Para o desenvolvemento óptimo da Axenda contemplábase a elaboración dun conxunto de plans específicos. Neste documento preséntanse os 7 primeiros plans que concretan as actuacións para desenvolver para conseguir os obxectivos establecidos na Axenda en medidas específicas, con calendarios precisos e cos orzamentos requiridos. Poderíase dicir que mostran como facer o que a Axenda indicaba que había que facer.

  • Programa Operativo de Crecemento Sustentable (POCS) 2014-2020

    A Estratexia Europa 2020 sinala o camiño cara ao crecemento da UE nesta década. Este programa operativo constitúe a estratexia para contribuír á aplicación da Estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e integrador, e ao logro da cohesión económica, social e territorial.

  • Programa Operativo de Galicia 2014-2020

    A estratexia do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de Galicia para o período 2014-2020 deseñouse a partir da análise de obxectivos da Estratexia Europa 2020, considerando as recomendacións específicas realizadas a España por parte da UE e identificando as principais necesidades e retos existentes en Galicia obtidos no diagnóstico elaborado.

  • Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020

    Este programa operativo xorde da fusión dos dous programas operativos plurirrexionais iniciais: Crecemento Sustentable (POCS) e Crecemento Intelixente (POCint), aprobado en decembro de 2017. Supón a contribución á estratexia da Unión Europea para un crecemento intelixente, sustentable e integrador, así como ao logro da cohesión económica, social e territorial. No ámbito do crecemento intelixente, o obxectivo global é contribuír á mellora e recuperación da competitividade da economía española, a través do impulso dun modelo de crecemento máis intelixente, apoiado na investigación, a innovación e as TIC, con especial atención ás necesidades e o potencial das pemes.

  • Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2021-2027

    O presente programa atopa o seu marco xeral no Acordo de Asociación (AA) de España 2021-2027, que establece as grandes orientacións estratéxicas da política de cohesión para o período de programación 2021-2027, polo que lle son de aplicación as disposicións recollidas no mesmo. Así, resultan vinculantes ao longo da súa preparación e execución os compromisos recolleitos no preámbulo do AA, entre os que destacan os referidos á igualdade entre mulleres e homes, a perspectiva de xénero, a non discriminación, a accesibilidade, o desenvolvemento sostible, o respecto do principio DNSH, a igualdade, a autonomía individual, a liberdade de elección, a independencia das persoas, o dereito para vivir de forma independente na comunidade, ou o dereito á educación inclusiva.

  • Revisión dos Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO) das EDUSI tras o Comité de Seguimento do 30 de maio do 2018

    Como resultado das achegas da Autoridade de Xestión (AG) e da Comisión tras o último Comité de Seguimento do 30 de maio de 2018, establecéronse uns Criterios básicos de Selección e Priorización de Operacións comúns para todas as actuacións definidas baixo un mesmo Obxectivo Específico (OE). As actuacións recollidas neste documento son as pertencentes ao Eixo 12 (OT 2, 4, 6 e 9) así como as correspondentes a Asistencia Técnica (Eixo 13 do PO).

resultados 71

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión