Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Plan de execución de EidusCoruña

Mediante o Plan de Execución o Concello da Coruña pon en marcha, dunha forma estruturada e planificada, a súa Estratexia EidusCoruña aprobada polos organismos públicos correspondentes.

Estes foron os  Acordos de Lanzamento de EidusCoruña aprobados pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria de 1 de marzo de 2018. Como complemento, a Alcaldía decretou en 2019 a delegación de funcións para a xestión de EidusCoruña das dúas Unidades necesarias (Unidade de Xestión -UdX- e Unidade de Execución -UdE) para o exercicio das funcións que lle encomendan os manuais. Tras as eleccións municipais do ano 2023, modifícase a delegación de funcións e a persoa titular da Coordinación Xeral da área de Alcaldía pasa a exercer a dirección da Unidade de Xestión, mentres que a coordinación da Unidade de Execución recae na persoa titular da concellaría con competencias en materia de Urbanismo.

Manual de Procedementos da estratexia EidusCoruña

No Manual de procedementos da Coruña para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España 2014-2020, a nosa entidade local establécese como OIL para as actuacións para desenvolver dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) financiadas polo FEDER.

Remitiuno o Concello o 22 de decembro de 2017 ao Ministerio de Facenda e Función Pública (MINHAFP) e foi validado pola Dirección Xeral de Fondos Europeos (DGFE) o 4 de xaneiro de 2018. Posteriormente este Manual actualizouse e validouno o OIG o 21 de xaneiro de 2020 (acordo previo da XGL de 9 de outubro de 2019). Nel incorpórase a figura do Coordinador de OT (Obxectivo Temático), persoal técnico responsable que ocupa postos de relevancia na organización municipal formando parte da estrutura directiva da mesma ou desempeñando postos de gran transcendencia desde o punto de vista do desenvolvemento de actuacións estratéxicas na cidade da Coruña.

Como parte moi importante da xestión dos fondos FEDER neste período de programación, establécese o principio de separación de funcións, segundo o cal existen no Concello dúas unidades (Unidade de Xestión e Unidade de Execución) que son independentes e teñen competencias diferenciadas.

Neste Manual recóllese que todos os procedementos administrativos que xere o desenvolvemento da estratexia realizaranse a través de plataforma de administración electrónica, motivo polo cal a Unidade de Xestión publicou un manual básico para a tramitación de expedientes para facilitar a actuación das Unidades Executoras (UUEE).

Plan de Implementación da estratexia EidusCoruña

O Plan de Implementación EidusCoruña (PdI) é a ferramenta a través da cal os fondos europeos FEDER cofinancian a posta en marcha de determinadas liñas de actuación. É unha parte da Estratexia EidusCoruña.

O noso Plan de Implementación comprende 22 liñas de actuación (A) das 34 que recolle a Estratexia EidusCoruña no seu conxunto, e responde a 18 dos 23 Obxectivos Operativos (OP) definidos. Están orzamentadas en 18.750.000 €, dos que:

  • o 80% finánciaos FEDER, é dicir, 15 millóns de euros
  • o 20% restante correspóndelle ao Concello, ou sexa, 3.750.000 €

Para as 12 liñas de actuación restantes, os fondos complementarios achegados polo Concello supoñen un total de 33.350.000 .

Planificación global da estratexia EidusCoruña

Neste documento recóllese a composición da Estratexia global da cidade EidusCoruña na súa totalidade, todas as actuacións previstas, os obxectivos temáticos (OT) aos que se adscriben, así como o gasto previsto para todo o período de duración, non só do Plan de Implementación (PdI) financiado por FEDER, sempre coa idea de crear a "cidade que queremos" buscando un modelo para A Coruña baseado nos conceptos de proximidade e mobilidade.

Estado de avance da estratexia

A estratexia EidusCoruña foi evolucionando e, por tanto, debe analizarse e documentar o seu marco de execución tendo en conta tres ámbitos de actuacións:

  1. Plan de Implementación (PdI)
  2. Actuacións previstas dentro da estratexia, pero non incluídas no PdI (Non PdI)
  3. Actuacións vinculadas a EidusCoruña inicialmente non previstas, pero cuxa execución pode enmarcarse dentro da mencionada estratexia

En maio de 2021 realizouse un informe das actuacións da totalidade da estratexia que reflicte o estado de avance destes tres ámbitos ao longo do perídodo avaliado 2017-2021.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión