Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Convocatoria de Expresións de Interese (EdI)

A Coruña

Selección, avaliación e aprobación de operacións

A convocatoria de Expresións de Interese (EdI) constitúe o inicio do procedemento de avaliación, selección e aprobación de operacións establecido no apartado 4.1. do Manual de procedementos do proxecto EidusCoruña .

Efectúase esta convocatoria para que os/as beneficiarios/as potenciais propoñan e expresen os seus intereses na execución de operacións incluídas nos Obxectivos Temáticos (OT) que conforman o Plan de implementación de EidusCoruña, baixo os principios xerais de transparencia, concorrencia e non discriminación.

As Unidades Executoras (UUEE) solicitantes das EdI teñen que demostrar capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para o cumprimento das obrigas establecidas no Documento que Establece as Condicións de Axuda (DECA). En cumprimento do establecido no art. 65.6 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que establecen disposicións comúns e xerais relativas ao FEDER, é unha obriga para as unidades potencialmente executoras a presentación dunha solicitude de EdI.

Na seguinte ligazón pódese descargar o Documento íntegro da convocatoria de Expresións de interese (EdI) para potenciais beneficiarios no marco da Estratexia EidusCoruña, cofinanciada polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 (antes POCS).

Facilita a elaboración dunha EdI unha boa comprensión do contido global da estratexia, por iso podes acceder a un esquema deste contido global que recolle as diferentes Liñas de Actuación (a través dun Plan de Execución) e ás fichas individualizadas que se incluían na candidatura da estratexia DUSI. Así mesmo, para facilitar a súa comprensión, incorporamos os documentos necesarios para confeccionar unha EdI. desagregados por anexos, correspondentes aos que configuran o Documento íntegro da Convocatoria de Expresións de Interese:

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?