Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Listas de comprobación

Símbolo dunha axenda cunha listaxe sobre fondo verde

Antes de tomar a decisión de seleccionar unha operación proposta, a Unidade de Xestión (UG) asegurarase que a Unidade Executora (área, servizo ou departamento municipal) ten capacidade tanto de control como de xestión, así como considerar as declaracións de ausencia de conflito de intereses e as medidas antifraude realizadas no desenvolvemento da actuación.

Por iso e como paso previo á selección da operación, a UG debe realizar unha serie de comprobacións. Por iso, unha vez asignada unha operación determinada ao seu correspondente LA, contrastarase a súa adecuación aos Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO) por medio dunha lista de comprobación, a lista S1, para garantir que a operación cumpre requisitos.

A lista de comprobación S1 serve:

  • por unha banda, de guía para facer todas as comprobacións debidas
  • por outro, como certificación de que cada aspecto foi validado de forma previa á selección da operación

Ademais desta, existen outras listas de comprobación cuxa misión é a de garantir que a entidade local realizou unha comprobación previa da adecuación e regularidade dos investimentos e gastos realizados, así como da súa adecuación á normativa nacional e comunitaria aplicables, incluída a relativa aos procedementos de contratación do sector público.

As listas adxuntas teñen un carácter meramente orientativo e só dan pautas ás entidades sobre aqueles aspectos que deben cumprir, pero convén que as Unidades Executoras (UUEE) coñezan o seu contido por ser as responsables de executar as operacións previstas na estratexia.

Estas listas fóronlles comunicadas en xuño de 2018 ás entidades DUSI pola Subdirección Xeral de Desenvolvemento Urbano da DGFE tras a reunión do 29 de maio de 2018 do Grupo de Traballo Urbano, e a petición das propias entidades locais beneficiarias. Estas listas son:

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?