Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EMM

Áreas

ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO

DE 4 A 7 ANOS

CONTIDO:

Nesta área, a voz será o instrumento principal. Fomentarase a improvisación e o desenvolvemento auditivo coa práctica instrumental en xilófonos e metalófonos cromáticos.

HORARIOS:

Dous días á semana en horario de 16:30 a 19:30. As clases terán unha hora de duración.

CORO INFANTIL GRATUÍTO, a partir dos 6 anos, os Venres de 17:30 a 18:30 horas para os alumnos do Centro.

PRÁCTICA INSTRUMENTAL:

Alumnos internos desde os 6 anos. (1 hora semanal). Só nos instrumentos que existan prazas vacantes.

As prazas adxudicaranse segundo o resultado do sorteo das dúas primeiras letras dos apelidos que realizará a Xunta de Galicia para o curso 2019-20.

NOTAS:

Poderán realizar a matrícula aqueles alumnos que cumpran catro anos antes do 31 de Decembro de 2019.

ÁREA XERAL

A partir de 8 ANOS: clásica, tradicional, jazz/moderna.

MATERIAS:

  • Agrupación: Consiste na interpretación de diferentes estilos musicais e a súa didáctica céntrase na análise e técnicas de improvisación rítmica, melódica, harmónica, etc.
  • Instrumento: Estudaranse as técnicas específicas do instrumento, lectura e interpretación, transposición, etc., sendo estes coñecementos necesarios para a participación nas agrupacións.
  • Linguaxe: Terá unha duración de catro anos e basearase en: lectura, escritura, entoación, ritmo, harmonía, improvisación, etc.

Finalizados estes con éxito, poderase cursar Harmonía, Dirección ou Arranxo e Composición.

CORO ADULTOS GRATUÍTO os xoves de 20:30 a 21:30 horas para os alumnos do Centro.

INSTRUMENTOS:

AcordeónGaitaContrabaixo
CantoGuitarraPercusión latina
ClarineteBaixo eléctricoPercusión tradicional (só venres)
FrautaPianoBatería
SaxofónViolín
Trompeta (Só mércores)Viola
TrombónVioloncelo

HORARIOS: Horario de tarde.

OPCIÓNHORARIOS

OPCIÓN 1

· Luns: Linguaxe Musical.
· Martes ou Mércores: Instrumento.
· Xoves: Agrupación.

OPCIÓN 2

· Venres: Linguaxe Musical, Instrumento e Agrupación.

Só dispoñible en: piano, gaita, guitarra eléctrica, batería, canto lírico, saxofón, percusión tradicional e acordeón.

CURSOS E TALLERES

GAITA:

Xoves de 18:30 a 19:30 horas ou de 19:30 a 20:30 horas

CORO:

Xoves de 20:30 a 21:30 horas

NOTA:

O alumnado que queira asistir ao Taller de Coro ou Gaita realizará unha entrevista previa coas persoas responsables do taller.

OUTRA INFORMACIÓN

AULAS DE ESTUDO:

As aulas poderán ser utilizadas polo alumnado do Centro en horario de mañá.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?