Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EMM

Convocatoria do procedemento de selección de persoal para a constitución dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal para prover provisionalmente postos de traballo de profesor na Escola Municipal de Música da Coruña

O Consorcio para a Promoción da Música convoca o procedemento de selección de persoal para a constitución dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal para prover provisionalmente postos de traballo de profesorado na Escola Municipal de Música da Coruña, unha bolsa de emprego temporal para o desempeño provisional de postos de traballo na Escola Municipal de Música da Coruña, mediante o sistema de concurso-oposición e poderase utilizar calquera das modalidades contractuais previstas no artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no 1 do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro (realización de obra ou servizo determinado, acumulación de tarefas ou interinidade) en función da natureza das necesidades para cubrir.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude estarán dispoñible nas oficinas do Consorcio para a Promoción da Música e a Escola Municipal de Música e no Portal de Transparencia da sede electrónica do Consorcio (http://consorciopromocionmusica.sedelectronica.gal) no apartado 1. INSTITUCIONAL_INSTITUCIONAL, 1.5 PERSOAL_PERSOAL, 1.5.1. PROCESOS DE SELECCIÓN

Rexistro Electrónico do Consorcio para a Promoción da Música (http://consorciopromocionmusica.sedelectronica.gal), en horario de 24 horas.

HORARIOS de apertura das oficinas e Rexistro Xeral do Consorcio para Promoción da Música situados no Palacio da Ópera (Glorieta de América nº 3, 15004 A Coruña):

- Do 15 de xuño ao 15 de setembro, e de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.

- Resto do ano, de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

▪ HORARIOS de apertura das oficinas e Rexistro de entrada da Escola Municipal de Música, sito na rúa da Torre nº 67 (15002) A Coruña.

- En horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

- A Escola Municipal de Música permanece pechada durante o mes de agosto.

Prazo de presentación de solicitudes:

Será de vinte (20) días naturais que se contan a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número: 104, do 4 de xuño de 2018.

Se o último día for inhábil, o termo do prazo trasladarase ao primeiro día hábil seguinte

- Inicio do prazo de presentación de instancias: 5 de xuño de 2018

- Fin do prazo de presentación de instancias: 25 de xuño de 2018

Data de actualización: 4 de xuño de 2018.

Próximos eventos

A procura non produciu resultados.

Axenda

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?