Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EMM

Exención e redución de taxas

Só o alumnado empadroado no Concello da Coruña poderá verse beneficiado da exención de matrícula e/ou da redución de taxas.

  • EXENCIÓN DE MATRÍCULA para segundos e demais fillos menores de 18 anos matriculados no centro.
  • REDUCIÓN NO IMPORTE DE MATRÍCULA E MENSUALIDADES, por razóns de ingresos económicos familiares (aplicables só a menores de 18 anos e a xubilados).

Condicións: familias con ingresos anuais netos menores de 3.971 € por cada membro da unidade familiar.

DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR:

  1. Libro de familia: copia das follas de todos os membros da unidade familiar.
  2. Certificación da Axencia Tributaria das rendas de todos os membros da unidade familiar no ano 2017 (tanto se é conxunta como individual) ou da exención de prensentala.
  3. Certificado de empadroamento de todos os membros da unidade familiar que vivan no domicilio do/a alumno/a. No caso de que o/a alumno/a non estea empadroado/a no domicilio dos seus pais, deberán acreditarse documentalmente as razóns desta situación, e esixirase a presentación de certificacións da Axencia Tributaria segundo o caso concreto.

Nos casos de situacións familiares distintas das expostas, ou de dubidosa concreción, poderase solicitar documentación complementaria.

Estes documentos que se solicitan teñen que ser orixinais, e en ningún caso poden ser substituídos por copias.

TAXAS MUNICIPAIS:

  1. Matrícula: 30 €
  2. Mensualidades: 30 €

NOTA IMPORTANTE:

Non se reducirá o importe da matrícula nin das mensualidades ata que non se presente toda a documentación necesaria e sexa aprobada polo órgano competente do Consorcio para a Promoción da Música. Unha vez concedida a reducción, procederase á devolución das cantidades aboadas de más.

Data límite de entrega:

Para o alumnado matriculado ata o 31 de xullo, a data tope de entrega de toda a documentación será o 28 de setembro.

Para o alumnado matriculado a partir do 3 de setembro ten de prazo un mes natural.

Próximos eventos

A procura non produciu resultados.

Axenda

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?