Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EMM

Históricos

Seminario de jazz

No ano 2000 realizouse o primeiro Seminario de Jazz Cidade da Coruña, que o organizaba a Escola co obxectivo de crear un espazo de encontro de destacados músicos profesionais nacionais e estranxeiros con afeccionados e músicos locais.

Tivo 11 edicións nas que pasaron arredor de 400 alumnos e fixéronse intercambios coa Guildhall School of Music and Drama.

No Seminario traballábanse temas tales como técnicas instrumentais, improvisación, canto, combos, Big Band, harmonía, arranxo e composición, etc.

Entre o ano 2000 e 2011 o Seminario converteuse nun cita anual para os amantes do jazz, ofrecendo unha alternativa educativa e creando un foro de encontro no que se compartían experiencias. Todo nunha semana de xornadas intensivas, que fomentaba a creación e o desenvolvemento musical posterior.

Os profesores máis destacados do seminario foron:

Scott Stroman (USA)

Voz e trombón. Director, compositor e educador.

Compartiu escenario con músicos de gran calibre como Dizzy Gillespie á vez que desenvolvía o seu labor de director e arranxista para importantes bandas de jazz coma The London Jazz Orchestra. É director do Departamento de Música Alternativa da Guildhall School of Music and Drama, de Londres, realizou centos de seminarios e gravou unha chea de discos.

Obtivo premios da BBC, de Musicians' Union, de Downbeat Magazine, entre outros.

Jose Acuña (ESPAÑA)

Guitarra e baixo. Director, compositor, director do seminario e educador.

Licenciado en Música de Jazz, Harmonía, Arranxo e Composición pola Guildhall School of Music and Drama de Londres. Dende o ano 2003 dirixe a Aula Municipal de Jazz e a Escola Municipal de Música da Coruña.

Participou en gran cantidade de festivais como o "Royal Festival Hall" e tocou con músicos da categoría de Scott Stroman, Norma Winstone ou Ike Issacs, con quen debutou.

Algúns dos seus discos son: "The Guildhall Jazz Band" (Sutton Sound), "A.C.M.M. Jazz Esemble", "Samba para JL.” (Acuñas Jazz Workshop).

Nikki Iles (INGLATERRA)

Pianista. Compositora.

Traballou coa Creative Jazz Orchestra da que é membro fundadora. Toca en bandas de Londres como "The Steve Arguelles Group", "Mick Hutton's Straight Face". Traballou con músicos da categoría de Art Farmer, Scott Hamilton e Teddy Edwars. Como compositoria ten infinidade de encargos como os de Creative Jazz Orchestra e The London Sinfonietta.

Algúns dos seus discos son: "Treasure Trove", "Change of Sky" e "The Tan Tien".

Entre os seus éxitos inclúense: The Julian Arguelles Octet (Berlín); The Perfect Houseplants (Milán); o seu propio proxecto anglocanadense (Toronto); etc.

Jean Toussaint (USA)

Saxofón tenor e soprano. Compositor.

Estudou en Boston, no prestixioso Berklee Collage of Music.

Formou parte do Art Blakey's Jazz Messengers, e tocou con Horace Silver, entre outros.

Algúns dos seus discos son: "The N. Y. Scene", "The street above the underground".

Dende 1987, é profesor da Guildhall School of Music and Drama de Londres. Tamén imparte clases no Trinity College of Music, no Conservatorio de Birmingham, a Northern Ireland Arts Council-run summer school e na Guildhall Summer School e participa en seminarios ao longo de Europa e EE.UU., compaxinándoos cos seus concertos.

Brian Abrahams (SUDÁFRICA)

Batería e percusión.

É un dos mellores baterías e percusionistas de hoxe en día en Europa. Tocou con: Abdullah Abrahim, Jimmy Witherspoon, entre outros.

Entre a súa longa discografía destaca: "Monkey Boy", "Kill Somebody", "Songs of the Spirit", "20 ans de Jazz en France", "To the Eyes of Creation", "Green Chimneys", "African River", "To Be Free".

Actualmente é batería e percusionista coa famosa Crand Union Orchestra de Londres onde colaboran os mellores solistas.

Curso Cennet Jönsson

DATAS:

8 de Xaneiro a 27 de Marzo de 2015.

CURSO

Foi un curso de 24 horas de duración nas que Cennet Jönsson mostrou a súa forma de ensamblar diferentes instrumentistas para formar unha Jazz Ensemble. O último día do curso realizouse unha actuación na emblemática salga Jazz Filloa.
Masterclass de Martin Taylor

DATAS

25 ao 27 de Novembro de 2013.

MASTERCLASS

O extraordinario guitarrista Martin Taylor deu unha Masterclass na Escola. Foron tres xornadas de hora e media ao día nas que mostrou aos alumnos as súas innovadoras técnicas de estudo.

Curso de informática musical

DATAS

25 ao 29 de Xuño de 2012.

CURSO

Curso de dez horas de informática musical enfocado a ensinar aos alumnos edición de partituras e audio, MIDI e todo o que as novas tecnoloxías permítenlles para desenvolver as súas capacidades musicais.

Masterclass de Paco García

DATA

16 de Novembro de 2012.

MASTERCLASS

Curso de dúas horas e media co gran Paco García, onde mostrou aos alumnos as súas técnicas de para tocar a batería e, posteriormente, deu un concerto.

Próximos eventos

A procura non produciu resultados.

Axenda

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?