Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taxas

MATRICULA:

MATRÍCULA TARIFA
XERAL 71,61 €

A taxa de matrícula unicamente ten carácter reembolsable nos seguintes casos:

- que se aboase por erro, podéndose acoller á exención por irmáns menores de 18 anos e empadroados no Concello da Coruña.

- ou que por causas imputables á Escola Municipal de Música, o Centro non puidese ofrecer o servizo.

Para proceder á súa devolución, é necesario cubrir o seguinte documento: Instancia Xeral, no que é necesario indicar:

- o motivo que xera dita solicitude

- IBAN completo onde se quere recibir o ingreso do importe correspondente

- achegar o xustificante do ingreso de matrícula .

Como calquera trámite administrativo co Centro, pódese realizar de forma presencial, ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio para A Promoción da Música.

MENSUALIDADES:

MENSUALIDADES ESPECIALIDADES TARIFAS

MÚSICA E MOVEMENTO

2 horas/semana

Sen práctica instrumental 45,58 €
Con práctica instrumental* 3 horas/semana 57,76 €

XERAL

3 horas/semana

Linguaxe musical, agrupación e instrumento 58,32 €

OBRADOIROS

1 hora/semana

Obradoiros durante o curso 25,44 €

* Unicamente poderán elixir instrumento os alumnos que formalicen a súa matrícula interna e cumpran 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2022.

Consulta a ORDENANZA MUNICIPAL DE TAXAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

EXENCIÓN DE MATRÍCULA E REDUCIÓN DE TAXAS:

Exención de matrícula:

Aqueles irmáns menores de 18 anos e empadroados no Concello da Coruña, aboarán unha soa matrícula de 69,52 euros.

Redución de taxas:

A quen vai dirixido: Alumnado menor de 18 anos ou persoas xubiladas, empadroados no Concello da Coruña, con ingresos anuais netos menores de 3.971€ por cada membro da unidade familiar.

Soamente aplicaranse ao plan de estudos ata 3 horas á semana.

Taxas reducidas:

  • Matrícula: 30,90 €.
  • Mensualidades: 30,90 €.

Documentación a entregar:

  • Instancia de solicitude xeral
  • Libro de familia: copia das follas de todos os membros da unidade familiar.
  • Certificación da Axencia Tributaria ou declaración da Renda das rendas de todos os membros da unidade familiar no ano 2023 (tanto se é conxunta como individual) ou da exención de presentala.
  • Certificado de empadroamento de todos os membros da unidade familiar que vivan no domicilio do/a alumno/a. No caso de que o/a alumno/a non estea empadroado/a en o domicilio dos seus pais, deberanse acreditar documentalmente as razóns desta situación, e esixirase a presentación de certificacións da Axencia Tributaria segundo o caso concreto.

Nos casos de situacións familiares distintas das expostas, ou de dubidosa concreción, poderase solicitar documentación complementaria.

Estes documentos que se solicitan teñen que ser orixinais, e en ningún caso poden ser substituídos por copias.

Períodos de entrega da documentación:

  • Alumnos matriculados antes de 1 de setembro. Prazo: ata o 20 de setembro.
  • Alumnos matriculados a partir de 1 de setembro: dúas semanas a contar desde a data de entrega da matrícula.

A documentación haberá que entregala de forma presencial nas oficinas da Escola Municipal de Música ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio.

Como presentar a documentación:

- de forma presencial nas oficinas da Escola: xunto coa documentación requirida, é necesario traer debidamente cuberta a instancia de solicitude correspondente. Deixámosvos aquí a ligazón: DESCARGAR.

- ou ben por Sede electrónica do Consorcio do Consorcio, Neste caso o trámite para realizar electronicamente, está catalogado como "Instancia Xeral (Escola Municipal de Música)". Lembrade que é imprescindible achegar a documentación necesaria para a solicitude de redución de taxas.

Nota importante:

Unha vez que se presente toda a documentación e sexa examinada polo órgano competente do Consorcio para a Promoción da Música, procederase á comunicación da concesión ou rexeitamento da mesma.

Tras a resolución e comunicación da aceptación da reducción de taxas, devolveranse as cantidades aboadas de máis, ata a data, e será de aplicación no seguinte recibo bancario.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión