Concello da Coruña

Concello da Coruña

Benvida do Concelleiro de Emprego e Economía Social

Esta páxina web pretende axudarche a facer realidade a túa idea empresarial ou a prepararte no teu proceso de procura de emprego.

Os recursos para a busca de emprego na actualidade son numerosos grazas a internet e as redes sociais, pero tamén poden conducirte á confusión e o desánimo. A motivación, a preparación e coñecemento destes recursos imprescindibles para potenciar as túas oportunidades nun mercado laboral cada vez máis esixente.

Pretendemos mellorar a túa inserción laboral a través da activación de itinerarios personalizados de inserción, a través dos programas municipais de emprego e coa axuda das entidades do Pacto Local polo Emprego da cidade (sindicatos, entidades do terceiro sector, entidades de economía social, universidade...).

Traballamos arreo para potenciar as iniciativas empresariais xeradoras de emprego e valor engadido, co fin de favorecer a non discriminación, a igualdade de oportunidades e a inclusión laboral, e para axudar as empresas a recrutar os perfís profisionais máis axustados aos postos de traballo que precisen.

O noso obxectivo é que o teu esforzo finalice sempre coa consecución dun emprego de calidade acorde coas túas capacidades e a túa preparación. Xuntos podemos acadalo.

Recibe un cordial saúdo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión