ENGLISH CONVERSATION SERVICE Formación levada a cabo polo Concello da Coruña baixo o marco do convenio coa Deputación Provincial da Coruña, ten unha duración de 20 horas de conversa en inglés, os horarios sen especificar aínda se adaptarán ás necesidades das persoas interesadas, unha hora por sesión en grupos de non máis de dez alumnos/as.
Persoas emprendedoras e/ou novas empresas
Para público en xeral
Dende o 20/11/2017 ata o 21/12/2017
Xa rematou
17/11/2017
Luns e xoves de 19:45 a 21:45 h
Gratuíto
Servizo Municipal de Emprego. Departamento de Promoción Económica
Teléfono: 981 184 399
Os obxectivos do ENGLISH CONVERSATION SERVICE son que as persoas participantes nas sesións grupais poidan:
- Expresar correctamente información persoal en inglés.
- Aprender a desenvolverse en situacións cotiás.
- Ser capaces de manter unha conversa a nivel xeral ou técnico.
- Coñecer, mellorar ou profundar as diferentes estruturas gramaticais.
- Recrear situacións habituais en reunións profesionais, negociacións...
- Expresar opinións, comentar noticias e actualidade.
- Facer unha presentación de empresa, servizo, proxecto ou produto.
- Mellorar a pronunciación e a fluidez de expresión oral en inglés.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible