Concello da Coruña

Concello da Coruña

2017 Taller de habilidades comunicativas

TALLER DE HABILIDADES COMUNICATIVAS Formación levada a cabo polo Concello da Coruña, Concellería de Emprego e Economía Social. Realizarase en horario de 18:00 a 21:00 h no Centro Municipal de Empresas (Polígono da Grela) os días 27, 28, 29 e 30 de novembro, e os días 1, 4, 5, 11, 12 e 13 de decembro

A quen vai dirixido?:

Persoas emprendedoras e/ou novas empresas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/11/2017 ata o 13/12/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/11/2017 ata o 24/11/2017

A inscrición débese realizar a través da web

Horario:

18:00 a 21:00 h

Enderezo:

Rúa Galileo Galilei 62. 15008 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Departamento de Promoción Económica

Contacto:

Servizo Municipal de Emprego. Departamento de Promoción Económica

concejalía.empresa@coruna.es

Teléfono: 981 184 399

Documentos:

PROGRAMA (182 KB)

Obxectivos

  • Coñecer os elementos básicos implicados na comunicación, as barreiras que podemos atopar, así como as técnicas existentes para mellorala.

  • Aprender a comunicarse de maneira fluída, clara, segura e expresiva.

  • Saber eliminar as tensións para poder expresarnos de maneira fluída.

  • Coñecer cales son os elementos clave para xerar impacto e influencia e adestrar as técnicas máis avanzadas da oratoria para conseguir que cada presentación sexa unha oportunidade estratéxica para transmitir, motivar e convencer, logrando o compromiso e satisfacción da audiencia.

  • Tomar conciencia dos factores que permiten realizar presentacións eficaces, de alto impacto e influencia.

  • Aprender a empregar técnicas para crear un estado de ánimo positivo no relator e na audiencia.

  • Realizar prácticas de presentacións dirixidas ás súas audiencias reais.

  • Recibir retroalimentación personalizada sobre as súas actitudes e comportamentos como relatores, e o impacto e influencia producido na audiencia.

  • Elaborar un plan de mellora personalizado para aplicalo en situacións reais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión