Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Cámara de Comercio da Coruña convoca o Programa TICCámaras

O obxecto da convocatoria é a concesión de axudas ás empresas da demarcación cameral da Cámara de Comercio da Coruña no Programa TICCámaras, mediante a posta á súa disposición dos servizos de DiagnósticoAsistido de TIC e Implantación. Esta actuación ten como obxectivo principal impulsar a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das pemes, como ferramentas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar asoportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.

A quen vai dirixido?:

Pemes, micropemes e personas inscritas no Réximen Especial de Traballadores Autónomos, da demarcación territorial da Cámara de Comercio da Coruña, que se atopen dadas de alta no Censo do IAE.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/06/2019 ata o 19/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Prazo de solicitudes aberto ata esgotar orzamento.

Remuneración / Dotación:

Fase I de Diagnóstico: 1.200 euros, e será financiado polo FEDER e a Cámara de Comercio da Coruña, polo que este servizo será gratuíto para as empresas participantes.

Fase II de Axudas: Custo máximo elixible 7.000 euros (IVE non incluído), prefinanciado na súa totalidade pola empresa beneficiaria e cofinanciado ao 70% por FEDER, sendo por tanto a contía máxima de axuda por empresa de 4.900 euros.

Páxina web:

https://sede.camara.es/sede/coruna/tramites/TR0000002121

Fase I - Diagnóstico Asistido de TIC (DAT).

Análise exhaustivo do nivel de dixitalización da empresa e das súas posibilidades de mellora mediante o estudo da súa cadea de valor, que permite coñecer a situación do nivel de competitividade da empresa destinataria na súa contorna económica e de mercado.

Fase II - Plan Personalizado e Implantación (PPI).

  • Implantación: nesta fase, provedores externos ás Cámaras realizan a implantación das solucións establecidas no Diagnóstico
  • Seguimento da implantación: realizarase un seguimento do ritmo de execución e da adecuación dos proxectos de implantación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión