Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de agosto de 2017

A Concellería de Emprego recibe 112.000 euros do Fondo Social Europeo para desenvolver o seu proxecto de obradoiro de xestión de sistemas informáticos destinado á mocidade

O edil Alberto Lema destaca que esta partida, que o Concello recibe a través da Xunta de Galicia, “servirá para reforzar a nosa aposta por programas de inserción laboral destinados aos colectivos con máis problemas para o acceso ao mercado”

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de recibir por parte da Xunta de Galicia, unha partida de 112.150 euros para desenvolver o Obradoiro de Emprego Garantía Xuvenil Coruña II. Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado ao 92% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020. O titular do departamento municipal de Emprego, Alberto Lema, destacou que esta subvención será destinada a poñer en marcha un taller de xestión de sistemas informáticos para 12 persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O curso, que se iniciará en setembro e rematará en abril do próximo ano, terá un total de 960 horas lectivas e trata de que os e as participantes adquiran tanto manexo como dominio de distintos sistemas informáticos co obxectivo de mellorar a súa cualificación e capacidade á hora de acceder a un posto de traballo.

"Cremos que os obradoiros e talleres que está ofertando o Concello están no bo camiño, xa que como vemos, cumpren os requisitos marcados pola Unión Europea no que atinxe ao fomento da empregabilidade para os sectores con máis dificultades, como é o dos mozos e mozas, ou as persoas maiores de 45 anos", indica Lema, quen recordou tamén o convenio que o Concello ten coa Cámara de Comercio da Coruña para a promoción do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) que desenvolve o ente cameral para formar e cualificar a persoas demandantes de emprego de entre 16 e 29 anos.

Por outro lado, o Concello tamén ten en marcha programa de emprego xuvenil Coruña Emprego Xove, que ten como finalidade abordar a capacitación profesional de mozas e mozas que están a piques de rematar a súa etapa formativa co obxectivo de facilitar a súa inserción sociolaboral. O proxecto, tal e como avanza o edil Alberto Lema, desenvolverase ao longo de 18 meses, comezando este verán e prolongarase até o final de 2018.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión