Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2018

A partir do 1 de xullo cobraranse todas as bolsas de plástico coa entrada en vigor da nova normativa sobre redución do consumo de bolsas de plástico

Esta norma supón o primeiro paso para a futura folla de ruta para os plásticos en España que se presentará proximamente e que se prevé na Estratexia Española de Economía Circular

Este Real decreto é un primeiro paso para liberar a nosa natureza dos residuos plásticos e sensibilizar as persoas consumidoras da importancia de reducir o consumo de bolsas de plástico, contemplando a adopción de distintas medidas nunha normativa ambiciosa nos seus obxectivos que converte a España nun dos tres países europeos (xunto a Francia e Italia) en que se prohiben as bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras (salvo as compostables), e que fai do noso país o único da UE que establece un contido mínimo de plástico reciclado para as bolsas grosas (máis de 50 micras), un sinal claro para incorporar o plástico reciclado, na liña dos principios da economía circular.

A partir do 1 de xullo do 2018 débense cobrar todas as bolsas. Exceptúanse as bolsas moi lixeiras que se subministran como envase primario para alimentos a granel (necesarias para evitar o desperdicio alimentario) e as bolsas grosas que teñan unha porcentaxe de plástico reciclado igual ou superior ao 70%, para fomentar o uso de plástico reciclado.

A nivel mundial terminan nos océanos todos os anos de 5 a 13 millóns de toneladas de plásticos, entre o 1,5 e o 4% da produción total (só nas augas da UE entre 150.000 e 500.000 toneladas anualmente), e as bolsas de plástico atópanse entre os dez artigos de plástico presentes nos nosos lixos mariños. O 89% das bolsas de plástico só se usa unha vez durante 12- 25 minutos de media e tardan entre 100 e 500 anos en descompoñerse totalmente.

A sociedade española deu pasos cara á substitución definitiva deste consumo: en España consumíanse 317 bolsas por habitante e ano no 2007 e este consumo reduciuse a 144 no 2014, pero non resulta suficiente e, mediante este Real decreto, esténdense os seus efectos a toda a cadea de consumo incluíndo o comercio comerciante polo miúdo, grandes almacéns, distribución por internet e o resto da cadea de consumo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión