Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2019

Aberto o prazo de solicitude nos programas Inicia e Semente

Os centros educativos que desexen participar nos Programas de Difusión da Cultura Emprendedora que organiza a Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo xa poden realizar a súa inscrición.

O Programa Inicia ten como destinatario o alumnado de ciclos formativos e de ensinos especiais da cidade. Ao longo do curso realizan un proxecto empresarial e analizan a súa viabilidade co apoio de persoal especializado e a través de sesións de mentoring. Os 15 mellores proxectos son seleccionados para participar na Feira de Ideas, que se realizará o 26 de marzo no Fórum Metropolitano.

Ademais, o concello entrégalles os Premios "Formación para emprender" aos 3 mellores proxectos, ao centro máis implicado e ao profesorado que titorizou o proxecto gañador.

A solicitude, cuxo prazo finaliza o día 12 de outubro, pode realizarse a través da web municipal de educación premendo nesta ligazón.

O Proxecto Semente, "unha empresa na miña escola", está destinado ao alumnado entre terceiro e sexto de primaria así como ao de educación especial. Durante o proxecto, promóvese a adquisición de competencias emprendedoras a través da creación dunha cooperativa escolar e transmítenselle ao alumnado os valores do cooperativismo: traballo en equipo, axuda mutua, toma de decisións en común.... Ao longo do curso fabrican diversos produtos que venderán nun mercado. Transversalmente trabállanse outras materias: matemáticas, plástica, lingua... Para o desenvolvemento do proxecto cóntase con persoal experto tanto en cooperativismo como en elaboración de produtos.

O Día do Mercado é a culminación do traballo de todo o curso e o alumnado goza non só coa venda dos seus produtos senón tamén coa festa, os premios e os agasallos.

A solicitude, cuxo prazo finaliza o día 4 de outubro, pode realizarse a través da web municipal de Educación premendo nesta ligazón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión