Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria do Programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas

Subvencións para persoas empregadoras e as empresas que contraten mulleres desempregadas por conta allea.

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/04/2019 ata o 30/09/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/04/2019 ata o 30/09/2019

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190425/AnuncioG0424-080419-0013_gl.pdf

- Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán de ser a tempo completo, e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación.

As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 25 de abril de 2019 deberán presentarse ata o 25 de xuño de 2019.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o 26 de abril de 2019 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión