Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de outubro de 2017

O Concello impulsa a celebración na Coruña do 'Greenweekend', unhas xornadas abertas á cidadanía para promover o emprendemento sustentable e a economía verde na cidade

A iniciativa, que forma parte do programa ‘Emprendemento Coruña’, celebrarase do 20 ao 22 de outubro no viveiro Accede Papagaio

A Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixie Alberto Lema, celebrará na vindeira fin de semana, os días 20, 21 e 22 de outubro,  as xornadas abertas á veciñanza Greenweekend, impulsa o emprego e o emprendemento verde. Aprende a vivir do medio ambiente, unha proposta que nace co obxectivo fomentar o desenvolvemento de proxectos sustentables para promover a economía verde así como a xeración de emprego de calidade no termo municipal. A iniciativa enmárcase no programa Emprendemento Coruña, impulsado polo goberno local este ano coa finalidade de englobar, baixo o mesmo paraugas, todas as iniciativas destinadas á promoción e o estímulo da actividade empresarial na cidade. De cara a este 2017, o programa ten como obxectivo promover espazos abertos que promovan a colaboración a través de tres sectores de potencial crecemento na cidade, como son a economía con impacto social, a economía creativa e a industria cultural, e a economía verde.

Así, e despois da celebración das xornadas Impacta --que tiveron lugar no mes de xullo-- e CreActiva --o pasado mes de setembro--, a semana que vén o viveiro de empresas Accede Papagaio acollerá o Greenweekend, unha proposta aberta á veciñanza e dirixida a profesionais do sector ambiental, coa idea de facilitar que calquera persoa con interese por desenvolver proxectos neste eido, poida coñecer a outra xente nesta liña e traballar, ou colaborar xuntas, durante toda a fin de semana, de cara a poñer en marcha novas propostas empresariais. Para isto, o evento contará con numerosas presentacións, obradoiros formativos, asesoramento de mentores especializados e momentos específicos para facer contactos. Todas as persoas participantes poderán poñer en común as súas ideas innovadoras para poder desenvolvelas de forma colaborativa cun plan de negocio, unha presentación e un posible equipo para levar a cabo o proxecto. Despois de traballar durante toda unha xornada, os grupos presentarán as súas propostas a un xurado, e as tres mellores contarán con apoio loxístico e premios que lles axuden a consolidalas.

A asistencia ao Greenweekend, que o Concello organiza en colaboración con Enviroo, é gratuíta, pero é necesario realizar a inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina web acoruna.greenweekend.org. Para máis información sobre esta proposta e o programa Emprendemento Coruña, pode visitarse o web municipal www.coruna.gal/emprego

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión