Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2017

O concelleiro de Emprego destaca "a boa marcha" do programa Coruña Emprega, que en seis meses realizou case un 20% dos itinerarios formativos marcados

O departamento que dirixe Alberto Lema desenvolve dende o 2016 un proxecto a tres anos dirixido a favorecer a inserción laboral de colectivos vulnerables. Dende outubro case 118 persoas se beneficiaron do mesmo

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, destaca a "boa marcha" do desenvolvemento do programa municipal Coruña Emprega, posto en marcha polo se departamento o ano pasado en base a un convenio de colaboración firmado con Inditex. Trátase dun convenio de tres anos de duración que ten como obxectivo favorecer a inserción sociolaboral de persoas pertencentes a colectivos vulnerables ou con dificultades para o acceso ao mercado laboral, como mulleres, persoas desempregadas de longa duración, mocidade e maiores de 45 anos. Está previsto que, ao seu remate, o programa teña beneficiado a 630 veciños e veciñas da cidade. "Polo momento, a acollida deste plan de emprego está a ser moi satisfactoria", comentou Lema, que destacou que en menos de seis meses, 118 persoas se acolleron aos itinerarios formativos marcados no programa. "Estes veñen acompañados ademais de titorías individualizadas, que serven para mellorar a situación sociolaboral dos e das demandantes", comentou o responsable municipal.

Os itinerarios especializados levados a cabo durante os últimos meses do pasado ano, de outubro a decembro, versaron sobre atención especializada a persoas con diversidade, atención sociosanitaria, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, e atención especializada a persoas con demencia.Pola súa banda, durante o primeiro trimestre deste ano, se desenvolveron itinerarios personalizados de inserción laboral. Os cursos desenvolvidos neste caso versan sobre competencias clave, tratamento de peixe e servizos de restauración.

Lema fixo fincapé en que "dende un primeiro momento, á hora de confeccionar este ambicioso programa se tivo moi en conta que un dos obxectivos primordiais era favorecer a contratación feminina". Así, o concelleiro destacou que das 118 persoas que, polo momento, realizaron de forma completa os seus itinerarios formativos personalizados, o 54,23% eran mulleres, sendo homes o 45,76% En canto aos datos de inserción laboral, o titular da área de Emprego e Economía Social avanzou que "non se poden avaliar de inmediato, xa que aínda resta que moitas persoas que fixeron os itinerarios realicen prácticas laborais".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión