Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2017

O concelleiro de Emprego presenta o programa Emprendemento Coruña, onde se engloban “todas as accións municipais destinadas á promoción e estímulo da actividade empresarial da cidade”

O centro Accede-Papagaio celebra esta fin de semana as xornadas Impacta, sobre emprendemendo con impacto social e economía colaborativa

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou este mércores o programa Emprendendemento Coruña, "un paraugas baixo o que queremos incluír todas as accións que se fagan desde o Concello, destinadas á promoción e o estímulo da actividade empresarial na cidade". O obxectivo, segundo apuntou, pasa por crear espazos para o traballo en conxunto de empresas vinculadas a un sector ou complementarias entre si, así como de asesoramento, formación e axudas á creación de empresas e ao fomento da actividade emprendedora, innovadora, sostible, internacional e da economía social. Do mesmo xeito, inclúe actividades informativas e de 'networking' dirixidas a todas as persoas interesadas en emprender, entidades que están traballando no ámbito do emprendemento innovador e emerxente.

Nese marco terán lugar no viveiro Accede Papagaio unha serie de xornadas que, como sinalou o concelleiro, buscan ser "espazos de xeración de ideas, networking, detección de necesidades e creación de sinerxias entre os axentes que están revolucionando a economía da cidade a nivel local: persoas emprendedoras, novas empresas, startups, cooperativas...". Deste xeito, o obxecto de Emprendemento Coruña nesta edición de 2017 é promover espazos abertos que promovan de colaboración, comezando por tres sectores con potencial crecemento, cos que agardamos contribuír ao dinamismo económico e social na cidade", dixo. Son, segundo apuntou, a economía con impacto social, a través das xornadas Impacta, que terán lugar esta fin de semana  o 7 e 8 de xullo no Papagaio, a economía creativa e a industria cultural (xornadas Creactiva, o 15 e 16 de setembro) e a economía verde (a través das xornadas Greenweekend, do 20 ao 22 de outubro). Tal e como fixo notar o concelleiro, estes bloques de traballo, que se organizan desde a concellería, terán seguimento en anos vindeiros e veranse enriquecidos con outras perspectivas e enfoques cruciais para a nova economía, como é a das mulleres emprendedoras, a chamada Economía Azul (vinculada ao mar), a economía da información e as tecnoloxías - TIC, o Turismo Verde ou as artesanías.

Dentro do programa Emprendemento Coruña, Lema deu conta tamén das axudas existentes para potenciar aqueles proxectos da economía social ou cooperativas que coa súa actividade promovan a competitividade da economía local a través da innovación e o uso da tecnoloxía, que teñan en conta na súa xestión criterios de igualdade e de conciliación e que contribúan ao desenvolvemento dun modelo económico respectuoso co medio ambiente. Inclúense nelas axudas a entidades asociativas empresariais sen ánimo de lucro para proxectos de promoción económica relacionadas coa innovación, a internacionalización e a economía social, cun máximo de 15.000 euros por proxecto, e as axudas a persoas emprendedoras para a creación de cooperativas e empresas (ata 5.000 euros por proxecto). Como tamén recordou o concelleiro, o Concello ten abertos dous viveiros de empresas, o de Agrela, cunha ocupación aproximada do 90%, e Accede Papagaio, que ronda o 50%, "cifras bastante satisfactorias á vista da súa escala".

Xornadas Impacta  

Esta mesma fin de semana terán lugar no centro Accede Papagaio as xornadas Impacta, sobre emprendemendo con impacto social e economía colaborativa, e que está organizada por Impacta Hub, unha rede global de profesionais e empresas enfocada a proxectos con impacto positivo a nivel social e ambiental. O programa ábrese o venres, ás 16.30 horas, co foro sobre emprendemento con impacto e economía colaborativa, mentres que o sábado, desde as 10.00 horas e durante todo o día, terá lugar o obradoiro Impactamos Coruña: como transformar retos sociais en oportunidades. A inscrición realizarase a través de formulario electrónico, que está dispoñible, xunto con toda a información das xornadas, na web municipal de Emprego.

Documentos:

Xornadas Impacta (352 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión