Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2018

Escola de verán 2018 en marcha

Cerca de 40 cativas e cativos participan dende o día 2 de Xullo na Escola de Verán en Consumo Responsable da OMIC da Coruña, cunha programación chea de actividades lúdicas e didácticas que teñen por obxectivo fomentar un consumo consciente, ecolóxico, xusto e solidario, e en concreto nesta primeira quenda camiñando cara un uso responsable das tecnoloxías, para que dende as idades máis temperás reciban una educación tecnolóxica positiva.

Sesións de xogos, obradoiros, xincanas, visitas... que van dende a elaboración de xoguetes con material de refugallo ata creación de minifilmes coa técnica de stop-motion, pasando por dinámicas de seguridade no fogar, educación vial...

E hoxe mesmo, 4 de Xullo realizaron unha Visita ó Centro Municipal de Emprendemento do Papagaio, onde realizaron unha visita guiada ás instalacións, unha xincana tecnolóxica e outras actividades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión