26 de xuño de 2018
Lembramos que o prazo para formalizar as inscricións na Escola de Verán da OMIC remata este venres 29 de xuño á 13:30.
Para formalizar a inscrición é preciso que a nai, pai ou titor/a legal das persoas participantes presenten a folla de inscrición cuberta que está dispoñible na web e na propia oficina da OMIC.
A Escola de Verán da OMIC de 2018 conta con 80 prazas para as que recibimos 109 preinscricións. Ata o momento o 40 % das persoas admitidas formalizaron a inscrición.
As persoas que decidan non acudir ao campamento deberán formalicen a baixa para que así as nenas e nenos que están en lista de espera poidan optar a unha praza. A baixa poden realizala na oficina da OMIC, nas demais dependencias do Rexistro Municipal ou ben a través de da Sede electrónica municipal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible