Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de decembro de 2018

En base a este programa de carácter bianual, A Coruña acollerá no Nadal de 2020 a conferencia europea de horticultura e agricultura urbana

Europa volve distinguir as políticas innovadoras da Coruña e a escolle, xunto a cinco cidades máis, para desenvolver a segunda fase da rede Urbact para fomento da agricultura urbana e alimentación sustentable

A Unión Europea financiará o 70% do orzamento de 600.000 euros co que conta a rede de cidades, nas que tamén se atopan Vilnius, Cracovia, Tesalónica, Caen e Loures

A Coruña volveu ser distinguida pola Unión Europea en atención ás súas políticas innovadoras, neste caso aquelas destinadas ao fomento da agricultura urbana e a alimentación sustentable. Así, vén de ser escollida para formar parte da segunda fase do programa Urbact, que se basea na transferencia de boas prácticas nesta materia, xunto a outras seis cidades europeas: Roma (Italia) Vilnius (Lituania), Cracovia (Polonia), Tesalónica (Grecia), Caen (Francia) e Loures (Portugal). O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salientou "este novo recoñecemento para a cidade e para o traballo que se está a realizar a prol da economía circular e no eido da agricultura ecolóxica e as experiencias de implantación de hortas urbanas dende o goberno local", así como recordou que A Coruña xa foi escollida para participar nesta rede europea na primeira fase de implantación do programa xunto con Roma e Vilnius. "Unha vez máis neste mandato estamos a innovar, xa que nunca antes esta cidade se integrara nunha rede deste tipo, de feito, hai poucas experiencias incluso a nivel galego, unicamente en Compostela e Ourense", indicou. O orzamento para a rede, cofinanciado ao 70% pola Unión Europea, é de 600.000 euros.

"Dende hai tempo detectamos que un dos grandes reclamos no eido turístico radica precisamente na súa compoñente como cidade sostible, tanto no coidado do medio ambiente e o fomento e ampliación dos espazos verdes, como mediante as políticas para o impulso dunha gastronomía con produtos de calidade de produción ecolóxica", indicou Lema, quen salientou que a propia pertenza a esta rede europea de cidades "é un polo de atracción en si mesma". "Sen ir máis lonxe, A Coruña é a cidade que acollerá, no Nadal de 2020, a conferencia europea sobre horticultura e agricultura urbana de peche de programa", anunciou. "Estamos moi satisfeitas, xa que cremos que isto referenda o traballo posto en marcha este mandato municipal. De feito, Urbact xustifica a permanencia na cidade neste programa xa que a considera un referente de boa práctica en políticas de agricultura urbana entre as cidades europeas de tamaño mediano, o mesmo por exemplo que di de Roma, neste caso no tramo das grandes urbes", salientou.

Lema tamén destacou que a selección da Coruña para formar parte da segunda fase do programa Urbact "parte dun inmenso traballo de carácter transversal, levado a cabo por todas as áreas de goberno, pero na que salienta especialmente a Concellería de Medio Ambiente".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión