Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2019

Inés Rey revisa coa Federación Provincial de Comercio as formas de colaboración para promover o pequeno comercio na cidade

A directiva da Federación valorou o encontro como “moi positivo” e manifestoulle a Rey as necesidades máis urxentes para estimular o comercio de proximidade

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá no Pazo de María Pita coas persoas representantes da directiva da Federación Provincial de Comercio da Coruña nunha primeira toma de contacto entre ambas as partes.

Ao rematar a reunión, Rey explicou que "estiveron analizando a situación do comercio, concretamente na cidade da Coruña, e revisaron as formas de colaboración do concello co comercio". Tamén falaron de "que campañas poden realizarse, como se poden aplicar as novas tecnoloxías no pequeno comercio e cales son as súas necesidades máis urxentes".

Desde a federación valorouse este primeiro encontro como "moi positivo". Miguel Agromayor, presidente da entidade, explicou a importancia da "seguridade, limpeza, iluminación pública e mobilidade" na cidade para que mellore o comercio. Tamén destacou a relevancia das campañas especiais "de vales de compra", que favorecen tanto o comercio como as consumidoras e consumidores.

Canto ás novas tecnoloxías no comercio de proximidade, Ángela Barrán, representante da Asociación del Mercado de San Agustín, falou da "dixitalización dos escaparates dos comercios da cidade", unha nova proposta coa que a veciñanza podería buscar certos produtos dentro e fóra dos comercios do seu barrio, en definitiva, "unha forma de dinamizar as compras".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión