Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2019

Os mercados municipais acollerán as Xornadas Gastronómicas de Alimentación Saudable

Este programa levarase a cabo desde o 25 de maio ao 22 de xuño

A Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña poñerá en marcha, a partir do 25 de maio e ata o 22 de xuño, un programa de Xornadas Gastronómicas de Alimentación Saudable (gratuítas e sen custo para todas e todos os que queiran participar) dirixido á poboación adulta da cidade da Coruña, e que se desenvolverán nos Mercados Municipais.

O obxectivo destas accións é poñer en valor os produtos naturais e de calidade que se ofertan entre eles, coa finalidade de que a xente da Coruña descubra (ou redescubra) toda a oferta que os nosos Mercados Municipais lles poden ofrecer aos veciños e ás veciñas da cidade. As accións desenvolveranse todos os sábados, a partir do 25 de maio, en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Cada acción terá un máximo de 10 participantes, e consistirá na recepción deles por parte dos nosos cociñeiros e dun auxiliar de cociña, cos que se realizarán unhas visitas polos mercados de abastos de referencia, ensinando e escollendo os produtos cos que logo realizaremos un taller de show-cooking no que todas e todos probarán un menú deseñado para a ocasión, e poderán levar unha pequena mostra para as súas casas en caixas kraft.

Cada participante recibirá como lembranza un agasallo en forma de mandil e gorro de cociña co emblema dos Mercados Municipais.

Como apuntarse?

Moi sinxelo: en función das datas e mercados nos que vos interese participar, podedes pedir a solicitude de inscrición nas conserxerías dos mercados municipais a partir do luns 13 de maio e cubrir os campos correspondentes. A mesma semana do taller escollido recibiredes unha chamada telefónica para confirmar a vosa participación (suxeita á demanda que haxa para o taller de referencia) e para citarvos nun punto de recepción do mercado que haxades escollido para comezar a actividade. Aquí podedes descargar o modelo de solicitude.

Lembrade que debedes levar este modelo cuberto á conserxería do mercado municipal no que vos interese participar. Para calquera dúbida ou aclaración sobre este programa podedes solicitar información no teléfono 620 637 036 en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Bon appétit!

Documentos relacionados

  • Ficha inscrición Xornadas Gastronómicas de alimentación saudable (141 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión