Concello da Coruña

Concello da Coruña

Manipulación de alimentos

Preinscrición/inscrición no Rexistro Municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora, C.C. Mesoiro

A quen vai dirixido?:

Persoas que se atopen en situación de desemprego ou en mellora de emprego e residan no termo municipal da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/09/2017 ata o 27/09/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/08/2017 ata o 06/09/2017

Horario:

  • Curso de 2 días de duración de 5 horas/día
  • Programaranse dous cursos: un en horario de mañá e outro en horario de tarde

Duración:

10 horas

Requisitos:

  • Residir e estar empadroado no termo municipal da Coruña
  • Acreditar a súa inscrición ante o Servizo Público de Emprego, como persoa desempregada ou en mellora de emprego, contrato laboral actual ou informe de vida laboral se se está traballando
  • Presentar un currículo de extensión máxima 1 folio por unha cara que poderá acreditar o día da entrevista
  • Superar entrevista
  • Aplicación dun Baremo de Selección que se pode examinar no documento adxunto.

Organiza:

Servizo Municipal de Emprego. Concello da Coruña

Contacto:

Centro Municipal de Emprego. Tel.: 981 184 399

Domentación necesaria:

  • Fotocopia DNI/NIE
  • Tarxeta de demanda de emprego, mellora de emprego, contrato laboral actual ou informe de vida laboral se se está traballando
  • Currículo de máximo un folio por unha cara
  • Engadir o número de teléfono móbil

Obxectivos xerais:

Capacitar o/a traballador/a para a manipulación de alimentos en materia de hixiene alimentaria para minimizar ou eliminar os riscos potenciais para a saúde das persoas consumidoras.

Co obxectivo de mellorar o nivel de empregabilidade das persoas traballadoras ou en situación de desemprego na cidade, no curso alcanzarase a titulación esixida para traballar nun posto relacionado co sector alimentario (industria, distribución, hostalería, comercio, etc.).

Obxectivos específicos:

Tras completar este curso, o alumnado

  • Coñecerá as causas das intoxicacións alimentarias. Saberá como previlas.
  • Saberá como colocar o lixo de forma segura, sen facilitar a contaminación cruzada.
  • Saberá as técnicas de conservación dos alimentos e a xestión de stocks (temperatura, rotacións etc.).
  • Coñecerá as pragas máis comúns atopadas nos alimentos e como controlalas.
  • Coñecerán as normas de hixiene persoal e a realización das operacións de limpeza de forma segura e hixiénica.
  • Saberá como afecta a lexislación alimentaria vixente e traballar de acordo con ela.
  • Outras informacións relacionadas.

Documentos relacionados

  • Baremo para a programación 2/2017 cursos de formación ocupacional (11 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión