Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2017

O alcalde entrega os diplomas do obradoiro de emprego que serviu para dar formación en mantemento de zonas verdes a unha vintena de mozas e mozos na praia das Lapas

No acto, no que participou tamén o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, Ferreiro salientou o compromiso do Goberno local coa formación "de calidade, igualitaria e ao alcance de todas e de todos" e valorou o traballo desenvolvido polo alumnado neste módulo "na mellora deste recanto natural, patrimonio de todos os coruñeses e as coruñesas"

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado do concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participou este martes en María Pita no acto de entrega de diplomas ás e aos participantes no Obradoiro de Emprego Praia das Lapas, no que o Concello colabora coa Xunta a través dun investimento de 20.500 euros, nun proxecto dirixido a dotar ao seu alumnado -20 mozos e mozas- de experiencia laboral a través de traballos como son a mellora da vexetación e implantación de material vexetal nesa contorna, a mellora e mantemento dos camiños e a mellora estética e funcional do espazo a través de solucións ecolóxicas. "Educación e capacitación profesional, posta en valor dunha zona verde e conciencia ambiental conflúen neste proxecto formativo, que ten, se cadra, un valor especial porque, ademais de procurar máis e mellores coñecementos a quen realiza este curso serve para mellorar un ben moi prezado, patrimonio de todos os coruñeses e coruñesas, como é este recanto natural das Lapas, parte dese tesouro que é Punta Herminia e no que o Goberno local traballa para conseguir a súa declaración como ENIL (Espazo Natural de Interese Local)", salientou o rexedor durante a súa intervención. Na mesma liña, Ferreiro reafirmou a aposta do Goberno municipal pola educación e a formación "de calidade, igualitaria e ao alcance de todas e de todos", a través de accións como o Plan Coruña Emprega, que o Concello desenvolve a través dun convenio de tres anos con Inditex, co obxectivo favorecer a inserción socio-laboral de persoas pertencentes a colectivos vulnerables ou con dificultades para o acceso ao mercado de traballo, como son as persoas desempregadas de longa duración, mocidade con pouca formación, mulleres e maiores de 45 anos, e do que o alcalde destacou que nos seus primeiros seis meses permitiu a 118 persoas acollerse aos itinerarios formativos.

Durante a súa intervención, o alcalde reafirmou a "colaboración leal do Concello co resto de administracións en accións que, coma esta, contribúen a mellorar a calidade de vida presente e futura da veciñanza". "Se ademais falamos dun proxecto que fomenta o coidado da contorna e transmite valores que poden encamiñar ao alumnado a un sector que, como o coidado ambiental, supón un lugar de oportunidade, poremos todos os esforzos", subliñou.

No acto, que se desenvolveu no salón de sesións de María Pita, e no que tamén tivo intervención o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Alfonso Marnotes, procedeuse á entrega de diplomas das 18 mozas e mozos que obtiveron a acreditación, e que durante os últimos seis meses participaron neste módulo a través dun contrato formativo. Nese tempo, as e os alumnos participantes recibiron formación específica en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, ademais de educación básica e de prevención de riscos e formación complementaria en materias como alfabetización informática, igualdade de xénero, sensibilización ambiental, inserción laboral a través de técnicas procura emprego ou creación empresas. Igualmente, o obradoiro incluíu prácticas durante todo o itinerario na praia das Lapas, que consistiron en tarefas de limpeza e roza, con plantación de árbores, labores de mantemento que incluíron a mellora e rexeneración de zonas de céspede e o tratamento diferenciado da vexetación, canalización zonas de anegamento, instalación dun valo (continuando o existente na zona dos cantís), limpeza da canle do río e, por último, limpeza de todas as especies arbóreas presentes na zona.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión