Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Área de empleo y empresa

Cuándo:

12 de diciembre de 2018

O centro municipal de empresas Accede Papagaio acolle hoxe e mañá unhas xornadas divulgativas sobre o papel da muller na industria do videoxogo

A iniciativa, que parte do colectivo internacional Women in Games, é de entrada libre e contará coa participación da escritora norteamericana Emily Grace Buck, quen impartirá un obradoiro de narrativa

O centro municipal de empresas Accede Papagaio acollerá hoxe e mañá dúas xornadas divulgativas promovidas por Women in Games, o colectivo internacional sen ánimo de lucro presente en máis de 50 países e que conforman mulleres vinculadas ao sector do videoxogo. O evento, promovido pola produtora local Gato Studio co apoio do Concello da Coruña, pretende achegar á veciñanza unha reflexión sobre a situación da industria e poñer en valor o papel da muller na mesma a través dunha serie de actividades e charlas divulgativas abertas á cidadanía.

"Estamos a falar dunha proposta que abre unha nova porta á unha realidade laboral tanxible para a veciñanza, particularmente as mulleres, nun sector innovador e punteiro que na Coruña ten moito potencial", explica o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema. O edil destaca que esta iniciativa "súmase a outras impulsadas ou apoiadas polo executivo local  "que inciden na aposta pola innovación e as novas tecnoloxías, como é a creación do programa municipal Coruña Dixital, o desenvolvemento de cursos de formación con empresas pioneiras locais, con resultados moi bos de inserción laboral, ou o traballo en común coa Universidade da Coruña, que conta cunha facultade de comunicación cun alumnado que pode dirixir a súa carreira cara ao sector da animación e 3D", expón Lema.

As xornadas comezarán esta tarde, ás 19.00 horas, co obradoiro nomeado Narrative Design & Branching Storytelling, que impartirá a escritora norteamericana Emily Grace Buck, unha das voces máis recoñecidas do sector e que destaca polo seu traballo en videoxogos como Batman ou The Walking Dead. Ao día seguinte, o xoves 13, de novo Buck ofrecerá unha charla divulgativa, a partir das 18.30 horas, titulada Game Dev: What Gamers Think We Do vs What We Actually Do. Tras unha pausa, contra ás 20.00 horas, terá lugar a última proposta das xornadas, a mesa redonda Diverse gamedevs, diverse game characters: a cycle. Esta iniciativa contará coa participación da xornalista Paloma Ferro, e as artistas especializadas na creación de espazos a ceo aberto ou interiores 3D Bárbara Martínez Solé e María Fernández Hermida, ademais da propia Buck.

Documentos:

Programa xornadas Women in Games na Coruña (2 MB)

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?