Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2017

O Concello afonda na súa colaboración coa Universidade da Coruña coa posta en marcha o venres 26 de maio do 'Foro de Innovación e Estratexia Dixital’'

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participará na inauguración da xornada

O Goberno local dá un novo paso cara a consolidación da colaboración coa Universidade da Coruña no eido da innovación empresarial coa posta en marcha o próximo venres, 26 de maio, do Foro de Innovación e Estratexia Dixital, unha iniciativa aberta á cidadanía que ten como obxectivo afianzar o debate e o intercambio de ideas entre os axentes e empresas da cidade implicados no desenvolvemento das estratexias de innovación e que contará, con profesionais do sector. A proposta, que abordará os retos e os novos modelos de negocio no ámbito dixital, supón a continuación da colaboración neste eido entre ambas institucións tras a celebración do Foro I+D+C o pasado 2 de decembro.  

A xornada, que se celebrará na sede de Afundación e comezará ás 12.00 horas, será inaugurada polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen estará acompañado de Nancy Álvarez, Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, e de Anxo Calvo, decano da Facultade de Economía e Empresa- Despois da presentación do Foro, que realizarán José Manuel Barreiro, director do Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación da UDC, e Andrés Faíña, responsable da Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial, desenvolverase dúas mesas redondas que serán moderadas pola xornalista Consuelo Bautista. Na primeira delas nas que participarán os responsables de marketing, innovación ou desenvolvemento de negocio de empresas como Jazztel, Google e Abanca, abordaranse os retos presentes e futuro os que se enfronta o sector. A segunda mesa dividirase en dúas partes: mentres que na primeira delas se analizará a revolución dixital na empresa ou institución --coa participación da UDC, Estrella Galicia e Torus Software--, na última parte avaliarase o emprendemento no sector diversos modelos de negocio que ofrece, a través da experiencia das empresas galegas Goi Travel, Cleventy ou Pekecha. Para obter máis información sobre este Foro de Innovación e Estratexia Dixital,  así como para realizar a necesaria inscrición previa para asistir á xornada formativa, pode visitarse a páxina web  http://posgradoinnovacion.com/eventos/catedra-jean-monnet-udc-foro-innovacion-estrategia-digital/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión