Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa do bono das persoas autónomas

Subvencións para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional dos empresarios autónomos

A quen vai dirixido?:

Persoas beneficiarias:

1. As persoas traballadoras autónomas individuais ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia:

•antigüidade ininterrompida de máis de 42 meses

•ano 2018:

-rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do irpf anual inferior a 30.000 €

-facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

•ter unha persoa autónoma societaria con antigüidade ininterrompida na data de solicitude de máis de 42 meses.

•facturación mínima anual/empresa de 12.000 €, IVE incluído na última declaración

•base impoñible no imposto de sociedades inferior a 30.000 €

Quedan excluídas:

•as persoas familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de traballadores/as por conta allea.

•as persoas beneficiarias do bono das persoas autónomas das 2 convocatorias anteriores (2017 e 2018)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/07/2019 ata o 02/08/2019

Xa rematou

Inscricións:

Ata o 02/08/2019

Remuneración / Custo:

CONTÍA: 80% da actividade para subvencionar (máximo 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables, mediante o pago anticipado)

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/publicados/2019/20190702/anunciog0424-210619-0010_gl.pdf

Subvencións para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional dos empresarios autónomos:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos

•Investigación de mercado

•Plan de márketing

•Plan de comunicación do negocio

•Plan estratéxico do negocio

•Plan crecemento: constitución de sociedade

•Plan de reorientación do negocio

•Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio

•Plan de refinanciamento

•Outros estudos e plans (como fin para aumentar a competitividade da empresa) Poderá ser computable como gasto subvencionable o pago do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio do 2019 e sucesivas, por parte das persoas traballadoras autónomas.

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

•Compra de maquinaria

•Compra de utensilios e ferramentas

•Reforma do local do negocio

•Equipos informáticos

•Rótulos

•Aplicacións informáticas e páxinas web

•Creación do logotipo do negocio

•Mobiliario

Nas solicitudes, as liñas 1 e 2 non son excluíntes entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. Desde o 03/07/19 ata a data indicada na resolución (máx. 31/12/19).

CONTÍA: 80% da actividade para subvencionar (máximo 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables, mediante o pago anticipado)

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 02/08/2019 (axudas en réxime de concorrencia non competitiva)

DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190702/AnuncioG0424-210619-0010_gl.pdf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión