Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2017

San Agustín acollerá o segundo sábado de cada mes o Mercado das Nubes, unha proposta que pretende "visibilizar outro tipo de iniciativas comerciais do ámbito local"

O concelleiro Alberto Lema participou esta mañá na presentación do evento, que se celebrará por vez primeira o próximo sábado 8, entre as 11.00 e as 22.00 horas

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asistiu esta mañá á presentación do Mercado das Nubes, unha nova proposta impulsada polo Goberno local que comezará este sábado, 8 de abril, na praza de abastos de San Agustín, e que ten como finalidade "tanto dinamizar o propio mercado municipal como dar a coñecer iniciativas comerciais locais que pertencen a distintos sectores emerxentes, e menos visibles na cidade, polo de agora", explicou Lema. "O obxectivo desta proposta é visibilizar outras posibilidades de comercio que existen na Coruña, pero que non son tan coñecidas, así como atraer á veciñanza a este mercado municipal, que é un magnífico escaparate", sinalou o concelleiro. "San Agustín ofrece, tanto pola virtude do seu edificio como da súa localización, outras posibilidades alén do sentido exclusivo de aprovisionamento de elementos. Este mercado está situado na confluencia de diversas rutas, polo que, todo o que se faga aquí, ten proxección", especificou o concelleiro.

O Mercado das Nubes, que terá periodicidade mensual, celebrarase o segundo sábado de cada mes en horario ininterrompido de 11.00 a 22.00 horas no primeiro andar do mercado municipal, e permitirá "mostrar á cidadanía a alta calidade tanto do produto que ofrecen as praceiras como o do comercio coruñés", explicou o titular de Emprego, quen engadiu: "a idea é dar acollida a produtores e comerciantes da cidade que teñen certos produtos de interese". Nesta primeira edición, a proposta contará profesionais e empresas locais relacionadas coas artes plásticas, restauración de bicicletas, distribución de café, bolsos artesanais, bixutería ou gastronomía, ademais de contar con sesións de música en directo e unha barra de cervexa, patrocinada por Estrella Galicia. Para máis información sobre a proposta, pode consultarse a páxina de Facebook www.facebook.com/mercadodasnubes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión