Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. Programa Emega. Ano 2018

Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas. Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria no ano 2018.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/07/2018 ata o 06/08/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/07/2018 ata o 06/08/2018

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180704/AnuncioG0244-250618-0002_gl.html

Contacto:

Servizo Municipal de Emprego e Empresa. Departamento de Promoción Económica

concejalia.empresa@coruna.es

Teléfono: 981 184 399

Documentos:

Bases reguladoras das axudas do programa EMEGA (862 KB)

Extracto das bases (473 KB)

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Co devandito fin, o programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas en ningún caso poderán supoñer destrución do emprego existente por conta propia e allea.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

f) Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao amparo desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión