Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2019

O Concello destaca o labor das empresas de inserción na inclusión no mercado laboral das persoas en situación de risco

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Acón, inaugurou esta mañá no Club Financeiro as terceiras Xornadas sobre o Fomento de Empresas de Inserción Laboral organizadas pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, foi a encargada de abrir esta mañá no Club Financiero as terceiras Xornadas de Fomento das Empresas de Inserción Laboral organizadas por AEIGA e a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, co apoio da Secretaría Xeral de Emprego. Unhas xornadas que buscan difundir un modelo económico, o modelo social, que favorece a contratación de persoas en risco de exclusión social. Acón estivo acompañada por Rocío Rodríguez, técnica de AEIGA, que explicou que o obxectivo que buscaban desde a asociación é "achegarnos ao tecido empresarial desde o tecido asociativo". A concelleira explicou que no Concello, "aínda que non teñamos competencias en Emprego, si somos competentes para desenvolver accións que sirvan para a inserción laboral de persoas en risco de exclusión e promover o modelo económico baseado na economía social".

Eva Acón destacou o labor que exercen as empresas de inserción na inclusión no mercado laboral de persoas en grave risco de exclusión nun escenario complicado que, debido a factores tan dispares como a globalización, os cambios demográficos, tecnolóxicos e climáticos incrementan aínda máis as desigualdades sociais. "As empresas de inserción son unha ponte entre as persoas e o mercado laboral coa creación de itinerarios personalizados que van desde a formación ata a consecucióndun emprego", apuntou a concelleira, quen destacou que desde o Concello "traballamos para transformar as políticas pasivas de emprego en políticas activas e poder así diminuírmos as desigualdades". Tamén lles explicou ás persoas asistentes os programas que desenvolven desde a súa concellería seguindo os modelos da economía social, entre os que destaca Coruña Suma, cun orzamento de máis de 5,5 millóns de euros e que atenderá a1.490 persoas, cun 60% de inserción.

As xornadas completáronse coas exposicións das e dos responsables das empresas de inserción Compostela Inserta, Arroupa e Aortas e de Properdis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión