Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2018

O centro municipal de empresas Accede Papagaio acolle hoxe e mañá unhas xornadas divulgativas sobre o papel da muller na industria do videoxogo

A iniciativa, que parte do colectivo internacional Women in Games, é de entrada libre e contará coa participación da escritora norteamericana Emily Grace Buck, quen impartirá un obradoiro de narrativa

O centro municipal de empresas Accede Papagaio acollerá hoxe e mañá dúas xornadas divulgativas promovidas por Women in Games, o colectivo internacional sen ánimo de lucro presente en máis de 50 países e que conforman mulleres vinculadas ao sector do videoxogo. O evento, promovido pola produtora local Gato Studio co apoio do Concello da Coruña, pretende achegar á veciñanza unha reflexión sobre a situación da industria e poñer en valor o papel da muller nela a través dunha serie de actividades e charlas divulgativas abertas á cidadanía.

"Estamos a falar dunha proposta que abre unha nova porta a unha realidade laboral tanxible para a veciñanza, particularmente as mulleres, nun sector innovador e punteiro que na Coruña ten moito potencial", explica o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema. O edil destaca que esta iniciativa "súmase a outras impulsadas ou apoiadas polo executivo local  "que inciden na aposta pola innovación e as novas tecnoloxías, como é a creación do programa municipal Coruña Dixital, o desenvolvemento de cursos de formación con empresas pioneiras locais, con resultados moi bos de inserción laboral, ou o traballo en común coa Universidade da Coruña, que conta cunha facultade de comunicación cun alumnado que pode dirixir a súa carreira cara ao sector da animación e 3D", expón Lema.

As xornadas comezarán esta tarde, ás 19.00 horas, co obradoiro nomeado Narrative Design & Branching Storytelling, que impartirá a escritora norteamericana Emily Grace Buck, unha das voces máis recoñecidas do sector e que destaca polo seu traballo en videoxogos como Batman ou The Walking Dead. Ao día seguinte, o xoves 13, de novo Buck ofrecerá unha charla divulgativa, a partir das 18.30 horas, titulada Game Dev: What Gamers Think We Do vs What We Actually Do. Tras unha pausa, contra as 20.00 horas, terá lugar a última proposta das xornadas, a mesa redonda Diverse gamedevs, diverse game characters: a cycle. Esta iniciativa contará coa participación da xornalista Paloma Ferro, e as artistas especializadas na creación de espazos a ceo aberto ou interiores 3D Bárbara Martínez Solé e María Fernández Hermida, ademais da propia Buck.

Documentos:

Programa xornadas Women in Games na Coruña (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión