Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2019

Eva Martínez Acón clausura a IV edición de “Camiñando cara ao emprego... o encontro coas empresas”

A Concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, como representante Institucional do Concello da Coruña, clausurou hoxe a IV edición de “Camiñando cara ao emprego... o encontro coas empresas” organizado por Fundación Mulleres na nosa cidade.

Nesta xornada, creouse un espazo de contacto entre mulleres en procura de emprego e empresas empleadoras, contando coa participación do Servizo Municipal de Emprego ofreceuse información acerca dos recursos e programas de apoio á procura de emprego do Concello.

Na actualidade, o Concello da Coruña coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, conta co proxecto "Coruña Suma", cuxo obxectivo fundamental é a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da súa capacitación profesional en sectores con máis posibilidades de xerar emprego na nosa cidade.

Este proxecto ten unha duración de 3 anos polo que é unha excelente oportunidade para que as persoas interesadas na nosa cidade poidan mellorar a súa empleabilidad.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión