Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2019

Xornada INICIA: “Difusión da cultura emprendedora”

Este xoves terá lugar no Fórum Metropolitano a clausura do Programa INICIA con varias actividades: Feira de Ideas, Xornada “Difusión da cultura emprendedora” e a entrega das XII Premios Formación para Emprender.

De 16:30 a 18:00 h no Auditorio do Fórum terá lugar a Xornada Inicia "Difusión da cultura emprendedora" na que varias mozas contarán os seus primeiros pasos como emprendedoras. Presentada pola xornalista Lara Viveiro contarase con: Carmela López, profesora do CIFP Someso, Cristina Velasco de Anaquiños de papel, David Sueiro de Galo Celta e con Ana Barros e Esther Insua da empresa IdentiK3D que crearon a súa empresa co proxecto gañador da edición de 2017.

Para finalizar, ás 18:00 horas, o alcalde da Coruña e o concelleiro de Emprego e Economía Social entregaranlles os Premios Formación para Emprender aos 3 proxectos gañadores.

Como en anos anteriores o Concello da Coruña levou a cabo este programa nos centros educativos da cidade que imparten ciclos formativos. Os proxectos titorizados na aula foron presentados polo alumnado para a súa participación na Feira de Ideas.

Este curso participaron no programa: CPR Afundación, IES Calvo Sotelo, CIFP Imaxe e Son, CPR López e Vicuña, CPR Nebrija, EASD Pablo Picasso, IES Sardiñeira e o CIFP Someso.

Os 15 mellores proxectos estarán expostos no vestíbulo do Fórum Metropolitano desde as 11:00 ata as 19:00 e o alumnado poderá explicar o seu proxecto a todas as persoas visitantes que queiran coñecer un pouco máis sobre a súa iniciativa e como a levarían a cabo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión